sábado. 24.05.2025
El tiempo

Evento

Presentación literaria en Cee

02/mar./2018 a 02/mar./2018
8:00 h a 6:00 h
Presentación literaria en Cee
Costa da Morte Territorio Literario en Cee-Branca Vilela A poeta fisterrá Branca Vilela achega o seu último traballo de recompilación á comarca, despois de facer a presentación oficial en Madrid. A cita será o vindeiro 2 de marzo na Casa da Cultura de Cee, a partir das 20:00h “Costa da Morte: Territorio Literario”, editado por Pigmalión, é unha antoloxía na que 42 prestixiosos escritores e artistas costeiros ofrecen a súa lectura da Costa da Morte. Vilela resaltaba en Madrid que son 42 “as voces, as mans, os ollos, o sentir, os latexados, a pel, a alma, o sangue, a paixón, o amor, a alegría, a beleza e tamén a dor dos autores que cederon con agarimo os seus traballos para, con este libro, mostrar a nosa terra e demostrar que tamén se pode chamar Costa da Creación, Costa da Vida, Costa da Cultura, Costa da Inspiración…”, “artesáns da palabra e as cores” que colaboran para “darlle forma artística a unha identidade”.
Presentacion da antoloxia Costa da Morte Territorio Literario

Presentacion da antoloxia na Casa Galicia en Madrid

 

Os protagonistas

Juanma Abelleira Ronquete, Marilar Aleixandre, Vicente Araguas, Suso Bahamonde, Concha Blanco, Rocío Blanco Formoso, Fernando Cabeza Pereira, Fernando Cabeza Quiles, María Canosa, Xoanxo Cespón, Estevo Creus, Sandra Díaz, Rosalía Fernández Rial, Mighel FK, Modesto Fraga, Serxio Iglesias, María Lado, Luis Lamela, Rocío Leira, Natalia Lema, Rafael Lema, Xosé María Lema, Juan Louro Cambeiro, Miguel Mato, Jorge Mira, Rosa Méndez, Alexandre Nerium, José Manuel Otero Lastres, Anxo Pérez, X. H. Rivadulla Corcón, Viki Rivadulla, Manuel Rivas, Olaia Sendón, Nolo Suárez, Pedro Tasende, Roberto Traba Velay, Xulio Valcárcel, Diana Varela Puñal, Miguel Vázquez Freire, Branca Vilela, Miro Villar e Yano Yoro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios