Martes. 15.10.2024
El tiempo

Evento

Ruta Arqueolóxica por Zas

31/xul./2018 a 31/xul./2018
3:30 h a 7:30 h
Ruta Arqueolóxica por Zas
Acompañados dun guía, os participantes farán un percorrido por varios puntos do municipio de Zas que agochan distintos xacementos arqueolóxicos. A primeira parada será Pedra Vixía, onde se atopan os restos do dolmen da Pedra da Moura. Logo un autobús desprazará aos participantes ata a parroquia de Muíño, onde se atopa a Arca da Piosa; un dos monumentos megalíticos de maior recoñecemento de toda Galicia e que inspirou a Eduardo Pondal quen viu nesta anta a tumba de Brandomil, un dos seus míticos guerreiros celtas da antiga Galicia. Unha vez visitado o monumento megalítico e despois de coñecer parte da súa historia, os visitantes desprazaranse novamente en bus ata Brandomil para coñecer máis polo miúdo a ponte, o castro e os restos romanos que se atopan nesta vila. A saída será ás 15:30 horas dende o Centro Sociocultural de Zas e aconséllase levar calzado axeitado xa que se realizarán pequenas camiñatas. Esta é unha actividade gratuita e que se inclúe dentro da Semana Cultural organizad polo Concello de Zas. Para participar en calquera das dúas rutas, é necesario anotarse previamente a través dos números de teléfono 981 718 056 ou 981 751 398 ou no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas.
Comentarios