Evento
Simposio do Megalitismo da Costa da morte
Do prometido Parque do Megalitismo seguimos sen saber nada, pero mentres, a bisbarra segue engrandecendo o noso patrimonio. Son numerosas as xornadas arredor dos nosos tesouros etnográficos, e unha das que pretende convertirse en gran referente. Un simposio que compaxina moi ben coas visitas guiadas que arma o Concello polos bens patrimoniais, completando así unha idea de como coidar o noso pasado.
Presentábase así a 2ª edición do Simposio de megalitismo da Costa da Morte “Da Arqueoloxía á Promoción Turística”, que se desenvolverá os vindeiros 2, 3 e 4 de setembro na Casa da Cultura de Vimianzo. Unha segunda edición que chega 10 anos despois da primeira, pero coa idea de que “é preciso voltar a repensar o coñecemento e a divulgación do patrimonio magalítico e da súa posta en valor como elemento favorecedor do contexto socioeconómico”.
Así o explicaron na presentación o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, o catedrático da USC Antón Rodríguez Casal, coordinador científico do Simposio, Xosé María Lema, presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e Marta Rei, concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade do Concello de Vimianzo.
Vimianzo é o lugar ideal para desnevolver esta segunda edición, pois é un concello que concentra máis de 200 xacementos megalíticos, algúns de enorme importancia como a Pedra da Arca, a Casota de Freáns ou Pedra Cuberta. Nesta edición do Simposio analizaranse os monumentos, as intervencións que se levaron a cabo nos mesmos, e as novas tecnoloxías que nos poden achegar novas visións e interpretacións.
Programa do II SImposio do Megalitismo
Venres 2 de setembro
- 16:00h: Entrega de documentación.
- 16:30: Inauguración;
- 17:00h: Conferencia de Ramón Frábregas Valcarce (USC). “O megalitismo galego, hoxe”.
. 18:00h: Xosé María Lema Suárez (presidente do Semescom) “Camiñando entre dolmens”.
- 19:00h: Manuel Lestón Gómez (Arkaios SL) “O dolmen de Dombate como paradigma: das últimas intervencións arqueolóxicas á musealización”.
- 20:00h: Mar Llinares (USC): “A mitoloxía popular e os monumentos megalíticos”.
Sábado 3 de setembro:
- 10:00h: Miguel Carrero Pazos, Alia Vázquez Martínez e Benito Vilas (USC): “Novas proipostas para o estudo do megalitismo”.
- 12:00h Fernando Carrera Ramírez (Universidade de Vigo): “As pinturas no monumentos megalíticos da Costa da Morte: Riqueza ou pobreza?”.
- 13:00h: Antón A. Rodríguez Casal (USC): “Estelas, ídolos e menhires”.
- 16:00h: Goreti Sousa (Escola Superior Gallaecia). “O megalitismo da rexión galaico-portuguesa do Miño”.
- 17:00h: Mesa redonda sobre o patrimonio: “Da arqueoloxía á promoción turística”, con Manuel Antelo, Xosé Mª Lema, César Abella, e dous representantes da Xunta e Deputación, con Xan Fernández Carrera como moderador.
Domingo 4 de setembro
- Visita arqueolóxica pola Casota de Freán, Aca de Rabós, Pedra da Arca, Arca da Piosa, Pedra da Lebre, Pedra Moura, Pedra Cuberta e Dombate.
Máis información e inscricións
Novas relacionadas
- Vimianzo repasa a súa historia a golpe de visitas guiadas.
- Horarios dos edificios turísticos da Costa da Morte.
- As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Nace unha web sobre o patrimonio e a historia de Galicia.