![]()
Os máis pequenos da casa serán os principais protagonistas das actividades que organiza o concello de Vimianzo no marco do
programa Apego; unha iniciativa de normalización lingüística que tamén está presentes noutros concellos da zona tales como o de
Carballo.
A programación comeza o vindeiro domingo, 4 de febreiro, coa obra de teatro de Producións Dispersas “O souto dos prodixios”. Despois das festas do Entroido a cita será o domingo 25 co espectáculo circense de Peter Punk “Chungo!”. Xa no mes de marzo, o sábado 3, o contador Caxoto trae “Un libro baixo a almofada”. O domingo 11 será o turno para a música da Banda dos Cueiros. O sábado 17 voltarán os contos da man de Charo Pita e o seu espectáculo “Menú de contos” e a programación pecharase o domingo 25 co espectáculo de Títeres Cachirulo, “Pinocho”.
Todas as actuacións serán ás 18:30 horas e repartiranse entre o auditorio da casa da Cultura (os domingos) e a biblioteca municipal (os sábados).
Máis información