domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

Teatro contra a violencia de xénero en Muros

25/nov./2017 a 25/nov./2017
9:30 h a 6:00 h
Teatro contra a violencia de xénero en Muros

Nese espazo no que a nosa memoria se convirte en inmortal, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a muller de Menelao, a amante de Paris.

Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo. Aínda así, mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo ca dor da esposa obligada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris co desafío e o rancor para con Zeus, o seu  divino pai; a ironía arredor de moitos dos seus contemporáneos: Aquiles, Ulises... coa impotencia diante da crueldade da guerra...

Xénero: teatro clásico.

Autoría: Miguel del Arco.

Actriz protagonista: María Barcala. Actriz cunha intensa e ininterrompida actividade teatral dende 1979. Formou parte durante varias tempadas do elenco estable do Centro Dramático Galego e participa nas montaxes de Teatro do Atlántico dende a súa fundación.

Dirección: Xulio Lago. Comezou a súa andaina como director teatral en 1970 en Vigo. Continuando o seu traballo en Madrid e Compostela. Forma parte do colectivo de profesionais que promoveu a creación do Centro Dramático Galego, co que colabora. En 1985 crea a compañía Teatro do Atlántico, na que segue como director, e colabora tamén como director con outras compañías de dentro e de fóra das nosas fronteiras.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios e non é recomendado para menores.

As entradas son a 3,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros.

Comentarios