![]()
Cartel do espectáculo en Muros
A programación de Nadal do Departamento de cultura do Concello de Muros, que deu comezo o día 15 de decembro co Mercadiño Solidario, chega este sábado ao seu remate, coa posta en escea no Centro cultural, de “Cincenta”, unha obra de teatro de obxectos, dirixida a público familiar, producida pola compañía coruñesa Danthea teatro, que pechará o Ciclo de Teatro de Nadal en Familia.
O espectáculo dará comezo as 18:00 horas e as entradas, a 2,50 euros, xa están a venda nas oficinas do centro cultural de Muros.