domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

20/xan./2018 a 20/xan./2018
9:30 h a 6:00 h
Teatro en Muros
“CRANIOS PRIVILEXIADOS” DE MOFA E BEFA, SÁBADO 20 DE XANEIRO NO CENTRO CULTURAL DE MUROS, AS 21:30 Día e hora: sábado 20 de xaneiro, ás 21:30 h Local: Centro Cultural de Muros Actividade: Teatro – MOFA E BEFA. P.T. EXCÉNTRICAS: “Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira” Chega a Muros espectáculo “Cranios privilexiados”, do dúo cómico Mofa e Befa, que xorde como comando de comedia contemporánea no ano 1992; e dende aquela ven visitando Muros coa maioría dos seus espectáculos, cos que adoitan recoller éxitos e gargalladas, polo que nesta ocasión tampouco se quixo facer agardar a este público pola súa visita e programouse o seu espectáculo “Cranios privilexiados”, estreado o pasado outubro, co que o equipo de goberno agarda que todos os veciños de Muros gocen dunha estupenda noite de teatro. Dous cranios privilexiados á procura de respostas, dispostos a convencernos da validez do seu método: “No perralleirismo atoparedes a verdade”. O dúo teatral introdúcese no mundo da filosofía para reflexionar sobre as diferentes maneiras de pensar que existen. Segundo Mofa e Befa, está a maneira correcta de pensar e a maneira "perralleira", que non por ser incorrecta é menos válida. Así explican aos profanos a diferencia entre ambas corrientes filosóficas: "Pensamos correctamente cando deducimos que a Terra xira arredor do sol, pero pensamos de forma perralleira cando culpamos de todo ao Goberno... A realidade non é doada e precisa cranios privilexiados que saiban captar a esencia de cada cousa e explicala claramente"; e eses "cranios privilexiados" son, precisamente, Mofa & Befa, dous cranios privilexiados á busca de respostas, dispostos a convencer ao público da validez do seu método. Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira conta coa dirección de Carlos Santiago e os textos orixinais son obra de Pepe Sendón e Carlos Santiago Elenco: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira Evaristo Calvo inicia a sua actividade como actor profesional no ano 1988. Desde entón compaxina os traballos de actor, no teatro, no cine e na televisión, cos de autor e director de escena no teatro, e os de guionista de televisión. Traballou nas teleseries Mareas vivas, Matalobos, Casa Manola, e nos programas de humor da TVG Máxima audiencia, Air Galicia… Víctor Mosqueira, inicia a súa carreira como actor no teatro galego en 1978. Ten participado en compañías coma O Moucho Clerc, Centro Dramático Galego e Ollomoltranvia. Na actualidade o seu traballo está vencellado ao dúo cómico Mofa e Befa e traballa ademais en cine e televisión, sendo os seus traballos máis coñecidos os realizados nas teleseries Un paso adelante (Antena3), Mareas vivas, A Vida por diante, Padre Casares e Casa Manola, (TVG), e nos programas de humor Apaga a luz e Máxima audiencia (TVG). Este espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas xa están a venda nas oficinas do Centro Cultural e o seu prezo é de 3,50 €.
Comentarios