Chega ao seu fin XI festival de teatro escolar de Laxe "Teatrapa" cunha estrea. Diso encargarase o grupo Folerpas Teatro - da escola municipal de Laxe - que interpretará por primeira vez o seu espectáculo "Tamparrantán". A obra, que comeza ás 19:00 horas, está dirixida ao público infantil e familiar.