Festas de San Pedro da Ponte do Porto

09:35 14/06/11

A Ponte do Porto prepara xa as Festas de San Pedro, que chegará uns días despois da Lumarea de San Xoán. Serán 5 días de festa entre o martes 28 de xuño e o domingo 3 de xullo. A cita comeza o martes 28 de xuño cunha gran sardiñada amenizada polos Panchos de Jolfendro.
Para o mércores 29 amencerá co pasarrúas da banda de música Santiago de Arteixo. Trala misa na honra de San Pedro toca sesión vermú coa orquestra Trébol que repetirá na verbena coa Aramio.
O venres 1 de xullo, trala pausa do xoves, toca sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén estará pola noite con Ritmo Xoven.
Para o sábado serán Verano Azul e SuperFama as que poñan a nota musical, mentres que o domingo aínda queda por confirmar unha Gran Orquesta.
Máis información
Novas relacionadas
- Camariñas prepara a Lumarea de San Xoán.
- Corme prepara os Percebes do Roncudo.
- Muxía perfila o Mercado das Rutas do Mar e a I Feira de Oportunidades.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).