mércores. 30.04.2025
El tiempo

Firmado o acordo para a execución da senda peonil e ciclista entre Carballo e o polígono de Bértoa

Firmado o acordo para a execución da senda peonil e ciclista entre Carballo e o polígono de Bértoa
senda-peonil-carballo O concello de Carballo e a consellería de Infraestructuras e Vivenda veñen de asinar o acordo para a exución dunha senda peonil e ciclista - que xa está anunciada dende o mes de marzo - na estrada que comunica A Coruña e Cee, a AC-552, no treito que une Carballo coa zona industrial de Bértoa. Tal como recolle este protocolo, a redacción dos proxectos construtivos está coordinada entre Xunta e concello, ao igual que a contratación das obras, que se prevén licitar nas próximas semanas co obxectivo de que os traballos estean rematados no vindeiro ano. Este proxecto, enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, consta dun orzamento de máis dun millón de euros. A Xunta destinará a estas actuacións 760.000 euros, fondos xa garantidos e consignados, e que supoñen case o 70% do importe global do proxecto. No que se refire aos traballos, o goberno galego procederá á construción da senda, á urbanización da superficie, á instalación de alumeado e á renovación da drenaxe, das redes pluviais e da rede de saneamento. Pola súa banda, o concello de Carballo destinará 380.000 euros á dotación de servizos urbanos no treito do itinerario peonil e ciclista: acometendo a mellora das redes de telecomunicacións, electricidade e gas. Obras Este itinerario vaise construír pola marxe dereita da vía, ao longo de máis de 1 km. A súa amplitude, un ancho duns 9 metros, posibilitará contar cunha senda peonil, cun carril bici e cunha franxa axardinada perfectamente diferenciados. Tamén se habilitarán aparcadoiros naquelas zonas nas que se dispoña de espazo suficiente.   Este itinerario entre Carballo e Bértoa está incluído no Plan de Sendas de Galicia que, para a comarca de Bergantiños prevé, nunha primeira fase, a execución de 7 sendas e 9 km. Entre estas, atópanse a senda Carballo-Coristanco, cuxo proxecto informan de que se está a ultimar. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Xunta

Comentarios