xoves. 01.05.2025
El tiempo

FSF: Maratón centoleiro

FSF: Maratón centoleiro
FSF Vila de Cee 1 Maratón o que tiveron esta fin de semana as xogadoras do Semáforo banner-semaforo-fisterra O Semáforo de Fisterra patrocina as crónicas do FSF. Pincha no banner e coñécenos a través de FB

3 partidos nesta fin de semana as que xogaron as bravas Centolas do Semáforo. O venres chegaban as herculinas ao pavillón ceés e levaban os puntos nun partido moi goleador; o sábado non escaba a vitoria ante o Salceda e o domingo, xa tremendamente cansas, non eran capaces de marcarlle ao Poio. En todo caso, unha demostración de valentía e loita das rapazas ceesas.

Mentres, na 2ª Nacional, o Fisober recibía un set en contra pero a pesar da derrota continúa noveno fora dos postos de descenso unha semana máis.

Ademais, queda só unha xornada para o remate da Liga Provincial, e se o Atletes descansaba, o Concello de Ponteceso sumaba unha nova vitoria que as mantén unha fantástica 4ª praza.

 

2ª División nacional, xornada 24

  • RESULTADO: LACTURALE ORVINA – FISOBER F.S.F. (6-0).
  • FISOBER: Leti, Ana, Paula Fandiño, Noe, Laura; tamén xogaron: Mai, Inés, Bárbara.
  • Goles: 1-0 min. 4 Iraia, 2-0 min. 12 Yarima, 3-0 min. 14 Iraia, ( descanso), 4-0 min. 24 Susana, 5-0 min. 25 Susana, 6-0 min. 39 Maialen.
Xogadoras do Fisober por Pamplona Xogadoras do Fisober por Pamplona

O líder foi un duro rival para un conxunto costeiro que loitou contra el con todas súas forzas pero non foi quen de traer nada positivo de volta, o longo viaxe fixo dano nas costeiras conforme foi avanzando o partido. Os dous equipos apostaron por presionar a saída do balón dende o primeiro instante. Algo que aproveitou mellor o conxunto local xa que os 4 minutos Iraia adiantaba as navarras. Os dous equipos gozaban de oportunidades con este xogo, aínda que as costeiras probaban a Leire con lanzamentos normalmente lonxanos. Aos doce minutos unha xogada de estratexia deu a Yarima a posibilidade de anotar o segundo gol. Era tan só dous minutos despois cando Iraia volvía anotar para facer o tres a cero co que se marchaban aos vestiarios.

Na segunda metade o cansancio do viaxe empezou a notarse nas costeiras, que se viron obrigadas a retrasar as súas liñas, o que cambiou o guión do partido. No minuto 24 e 25 un dobrete de Susana poñía fin a emoción no partido e deixaba de cara os puntos para as navarras. Co cinco a cero o ritmo do encontro baixou e foron pasando os minutos. Ata que chegando o último minuto Maialen facía o definitivo seis a cero.

A vindeira semana toca parón para o equipo con motivo da Semana Santa, aínda que o club si terá o seu Campus anual de Semana Santa. A competición volta a Dumbría o vindeiro sábado 22 cun enfrontamento directo pola permanencia ante o Stilo bilbaíno.

Mai co Fisober Mai co Fisober nun choque na casa  

Liga Galega Feminina, xornada 15

  • Resultado: FSF Vila de Cee “O Semáforo” - Viaxes Amarelle FSF B (4-5)
  • FSF Vila de Cee: Vanessa, Tati, Goretti, Paula, Adriana (cinco inicial), Alba, María Lijo, María.
  • Viaxes Amarelle FSF B: Clara, Helena, Sofía, Mariña, Mónica (cinco inicial), Ana Carreiras, Carlotiña, Carlota, Marta.
  • Goles: 0-1 Marta (min. 7); 0-2 Sofía (min. 12); 1-2 Alba (min. 13); 1-3 Carlotiña (min. 21); 1-4 Helena (min. 26); 2-4 María Lijo (min. 30); 3-4 Tati (min. 31); 3-5 Helena (min. 32); 4-5 Goretti (min. 33).
Porteira do FSF Vila de Cee 1

Arrincaba a completa fin de semana na casa co partido disputado na tarde do venres no que Viaxes Amarelle FSF B se tomaba a revancha contra o FSF Vila de Cee e consegue os tres puntos da xornada aprazada. Nun partido onde as herculinas sempre estiveron por diante no marcador, o FSF Vila de Cee non se rendeu e mantivo sempre o marcador moi axustado. Foi un partido entre dous equipos cunha clara vocación ofensiva e que ao final determinou que houbese un bo número de goles no marcador.
As estrelas neste partido son: 3* María Lijó 2* Maria de Dumbría e 1* Paula Trinidad.

Liga Galega Feminina, xornada 25

  • Resultado: FSF Villa de Cee “O Semáforo” - EDM Salceda (6-4)

O sábado xogaban de novo as Centolas na casa. Despois da derrota do venres, intentaron saír a polo partido as locais dende o primeiro minuto, aínda así recibiron enseguida un gol en contra, pero souberon reaccionar, dominaron o xogo e desta vez si empezaron a chegar os goles , onde Goreti e Andrea, con 2 gole scada unha, foron as máis destacadas dun bo partido por parte das centolas e dunha merecida vitoria 6-4, a cal deixa quedar 3 puntiños que aseguran matematicamente a permanencia neste primeiro ano na Liga Gallega.
As estrelas nesta ocasión son 3* Goreti, 2* Andrea e 1* Alba Cambeiro.

Liga Galega Feminina, xornada 18

  • Resultado: Poio Pescamar - FSF Villa de Cee “O Semáforo” (1-0).

Xa o domingo, cun cansanzo bastante importante, as xogadoras ceenses viaxaban a Poio. Partido moi igualado entre ambos equipos, cunha primeira parte onde dominou o equipo Local, pero que as Ceenses levaban moi controlado sen sufrir demasiado en defensa. Nun despiste defensivo nun córner conseguiron marcar as rapazas do Poio, único gol do partido. Xa na segunda parte dominaron as costeiras que intentaron ir a polo partido, dominaron o xogo, pero o cansancio de tres días seguidos facía que de cara os últimos metros non estiven o suficientemente finas coma para lograr o gol. Iso si, demostraton que saben sufrir ata o final.
As entreliñas nesta ocasión son 3* Vanesa, 2* Goreti e 1* María Lijó.  

Liga Provincial, xornada 25

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF -TCA Instalaciones FS Pontedeume (9-1).
  • AD VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Nuria, Aniña, Martina e Vero – tamén xogaron – Sandra e Alba.
  • Goles: Nuria (2), Aniña (2), Vero (2) e Alba (3) para as locais e Ana para as visitantes.

Vitoria contundente a do Concello de Ponteceso esta fin de semana, que cun bo xogo tiña o partido sentenciado na primeira metade. Saían á pista tendo claro o traballo que tiñan que facer para levar os 3 puntos e na primeira ocasión xa avisaban ás rivais cun tiro ó pau de Martina. Non tardarían en adiantarse as locais. Sería no minuto 6 cun disparo de Nuria ó primeiro pau tras un pase cruzado de Aniña. Pese a adiantarse no marcador non baixaban o ritmo as pontecesanas e, despois de varias ocasións de Martina, Vero e Nuria, sería Aniña a que facía o segundo cun tiro de falta. Era ela mesma a que metía o terceiro ras unha boa xogada combinada con Martina. Quedarían aínda 10 minutos para ir ó descanso, e aínda 4 goles por ver.
Tres deles serían por parte das pondalianas. Os tantos de Vero, Nuria e Alba poñían o 6-0 no luminoso a falta de 1 minuto para que rematase a primeira metade, pero tras un erro colectivo do conxunto pontecesán, recortarían distancias as de Pontedeume, indo cara os vestiarios co 6-1.

Voltarían dos vestiarios relaxadas as xogadoras de Curro, cun xogo frouxo que provocaría que o Pontedeume tivese un par de ocasións, despexadas ellas entre Isabel e Aniña. Reaccionarían as pontecesanas a partir do minuto 5, volvendo a facer o bo xogo da primeira metade. Alba aumentaba a distancia rematando no segundo pau tras unha xogada combinada con Aniña e Martina. Un minuto despois, ela mesma sumaba o terceiro á súa conta persoal tras unha xogada individual. Vero mandaba outro balón ó pau e Martina non conseguía o seu gol pese a ter un par de ocasións. A 5 minutos para rematar o encontro, Vero poñía o 9º e último gol da tarde no luminoso, disparando tras unha xogada ensaiada de falta.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios