FSF: O Fisober certificou un ano máis na 2ª Nacional
11:06 23/05/17
O Fisober celebrou a permanencia no Conco
O Semáforo de Fisterra patrocina as crónicas do FSF. Pincha no banner e coñécenos a través de FB
Acadou a permanencia matemática o Fisober sen ter que esperar a última xornada, e fíxoo cunha vitoria para pechar a tempada ante a súa parroquia. Unha vitoria baseada no esforzo colectivo de todo o equipo que deixou ata a última gota de suor no campo para acadala.
Vai de Copas
Ademais, dúas boas novas copeiras as que nos chegan esta semana. Tras a retirada do Sport Sala Culleredo FS da competición da Copa Autonómica de Fútbol Sala o FSF Villa de Cee Clínica a Xunqueira disputará a final da Copa Autonómica que se celebra a doble partido contra o Sub-campión da Liga Gallega Sur en representación da Liga Gallega Norte. O partido de ida celebrarase o vindeiro Sábado 27/05/2017 no Pavillón Municipal de Cee ás 19:30 horas. Ademais, o Concello de Ponteceso FSF disputará a final da Copa Provincial Feminina, na que se enfrontará ó Ventorrillo Bodega O Rincón. Este ano a Copa disputaríana os catro primeiros clasificados da liga, xogándose os partidos de ida e volta das semifinais e a final, pero ambos conxuntos chegaron á final tralo abandono dos seus rivais antes de disputar as semifinais. Por agora aínda se descoñece cal será a sede da final e que día se xogará, polo que os equipos seguen entrenando para preparala á espera de que a Federación comunique a data e o lugar do partido.2ª División Nacional, Gr.1, xornada 29
- Resultado: FISOBER F.S.F. – EUROGAN RED STARS (3-0).
- FISOBER: Leti, Ana, Noe, Inés, Paula Fandiño; tamén xogaron: Mai, Bárbara, Tamara, Laura, Lía.
- Goles: 1-0 min.18 Tamara, (descanso), 2-0 min.34 Inés, 3-0 min.39 Bárbara.
O contento banco do Fisober
O partido, disputado no Conco, comezou con dous equipos algo nerviosos dado o que se xogaban, unha vitoria aseguraba a salvación a calquera dos dous equipos que chegaban igualados a puntos. O equipo visitante esperaba a media pista ca intención de chegar a contra o que fixo que o Fisober dominara o balón.
Con dominio local pero sen demasiadas ocasións foron pasando os minutos. Ata que mediada esta primeira metade aparecían as primeiras ocasións claras do partido para Inés e para Paula Fandiño de cabeza que foron desbaratadas por Ainoha xenial toda a tarde.
Pasaban os minutos ata que a dous para o fin desta primeira metade se producíu unha falta na frontal da área, do rexeite desta Tamara foi a máis lista para anotar o un a cero que poñía en vantaxe as locais. Aínda tivo Paula Fandiño unha boa ocasión antes do tempo de lecer.
A volta dos vestiarios o partido xa non seguiu o mesmo guión. As visitantes deron un pasiño adiante e tiveron as súas opcións no partido. Nada máis comezar Carol tiña a primeira ocasión visitante a que respostaba Paula despois dun lanzamento de falta. As visitantes tiñan unha nova opción por mediación de Carol ante Leti. Chegaron uns minutos de aparente tranquilidade despois.
Mediada esta segunda metade Sara mandaba un balón que tocaba o pau. Ademais a once para o fin o Fisober chegaba a cinco falta o que fixo que atrasara a súa defensa a medio campo esperando o rival. A sete para o fin de novo Carol se atopaba con Leti, no que foi a última ocasión clara visitante. O Fisober respirou un pouco e Noe a piques estivo de marcar o segundo. Quen si o fixo foi Inés a seis minutos do fin ante a felicidade da grada. As visitantes decidiron entón arriscar co xogo de cinco pero sen crear demasiado perigo. O perigo era local nos roubos. Pasaban os minutos e a salvación estaba cada vez máis preto. Algo que se certificou cun roubo e gol de Bárbara que anotaba o tres a cero.
Co asubío final chegou a ledicia local por certificar a salvación e acadar que o equipo costeiro siga en 2ª Nacional un ano máis, con tantos e tantos quilómetros as súas costas pero que foi quen de estar lonxe dos postos de descenso dende a xornada un. Xusto premio para as rapazas costeiras que tanto traballaron para acadalo.
Agora a vindeira semana toca “viaxe de fin de curso” a Zaragoza só ca dúbida se finalmente rematan novenas ou décimas.
O Fisober celebrando o gol de Tamara
2ª División Nacional. Gr. IV. xornada 29
- Resultado: FSF Alovera - Viaxes Amarelle FSF (1-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Pau, Patri, Dolo, Xiana, Alba (cinco inicial), Martita, Mónica, Marta Hermo, Mariña.
- Goles: 1-0 Ana María (min. 15); 1-1 Mariña (min. 24); 1-2 Mariña (min. 29); 1-3 Patri (min. 34).
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
-
Novas relacionadas
- O Villa de Cee remata unha temporada de 10 mentres o Fisober aínda ten que esperar pola salvación.
- O Villa de Cee pecha en casa un ano impecable na súa estrea na Liga Galega.
- As Centolas e as Atletes rematan a tempada con boas sensacións.
- Maratón centoleiro.
- Un derbi con diferenzas.
- Un empate que sabe a moito.
- Primeira alegría do Conco.
- Un día de praia.
- O Semáforo volve brillar.
- O Ponteceso volve á senda da vitoria.
- Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira.
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)