FSF: Un triplete de Patri para rematar a tempada de Fisober e Viaxes na 2ª División Nacional
08:11 30/05/17
A muxiá Patri foi protagonista unha vez máis no Viaxes Amarelle
En Zaragoza pechou o Fisober esta exitosa tempada 16/17 na que xa certificou a súa permanencia un ano máis na 2ª División Nacional. Fíxoo, iso si, cunha derrota clara ante un dos equipos que loitan na zona alta, e tras facer un viaxe express con só 6 xogadoras por mor dos exames. En todo caso, as de Fran e Luigi, finalmente as costeiras rematan o curso no 9º posto, sen ter pasado en ningún momento polos postos de descenso. A próxima tempada será unha nova aventura para o Fisober na categoría, será a quinta nos últimos seis anos para un equipo tan enxebre.
Tamén rematou a tempada no Gr. IV tamén da 2ª Estatal, na que compite o Viaxes Amarelle da nosa muxiá Patri. Unha Patri que asinaba un triplete fantástico para rematar a temporada cun gran sabor de boca.
Conclúen así as de Pili Costa unha tempada con altibaixos, que tras varias baixas na metade da tempada, tivo que repoñerse con xogadoras do filial e conseguiu manterse nunha zona nobre da táboa e a data de hoxe queda na 4ª posición da xeral, pendente do resultado que obteña o Colme Futsal mañá no seu enfrontamento contra o Unami CP.
Ademais, o FSF Villa de Cee comezou na ida da Final da Copa <Autonómica, e a cousa pinta moi ben. Os ceeses colleitaron unha importante vitoria por 5-1, así que esta semana toca viaxar a Gondomar e con moitas posibilidades de traerse a Copa Autonómica para casa.
2ª División Estatal, Gr.1, xornada 30
- Resultado: INTERSALA PROMISES - FISOBER F.S.F. (7-1).
- FISOBER: Lía, Ana, Inés, Paula Fandiño, Bárbara; tamén: Tamara.
- Goles: 1-0 min. 3 Cynthia, 2-0 min. 7 María Barcelona, 3-0 min. 11 Ana, 4-0 min. 12 Belén, (descanso), 5-0 min. 29 María Barcelona, 6-0 min 31 María Barcelona, 7-0 min. 33 Lucía, 7-1 min. 37 Inés.
O Fisober fíxolle o pasillo as campioas da Copa do Intersala Promises
As aragonesas conscientes de que se xogaban a 2ª praza imprimiron un forte ritmo o mesmo. E xa os tres minutos Cyntia abría o electrónico. Aos sete minutos era María Barcelona a que facía o segundo gol para as locais. A resposta das costeiras non se fixo esperar e despois dunha gran contra Bárbara non chegou por centímetros para marcar. Quen si marcou foi a local Ana para facer o terceiro aos once minutos. Tan solo un minuto despois Belén facía o cuarto. Non se viñeron abaixo as rapazas do Fisober que antes do tempo de lecer por medio de Inés primeiro e Ana despois puideron recurtar diferenzas. Co catro a cero chegouse o tempo de lecer.
A saída dos vestiarios a local Ana bicaba o trabe cun lanzamento lonxano. Sería María Barcelona a que fixese o quinto aos 29 minutos. Ela mesma repetiu no 31 para o sexto. Para o sétimo apareceu Lucía. A pesares do marcador, do calor e da pouca rotación non se rendeu un Fisober que non deixou de loitar. Inés facía o gol da honra aos 37 minutos. Unha Inés que a piques estivo de repetir tan so un minuto despois aínda que o marcador xa non se moveu.
2ª División Estatal, Grupo IV. xornada 30
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Leis Pontevedra FSF (6-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Pau, Martita, Marta, Alba, Patri (cinco inicial), María Gómez, Dolo, Mariña, Xiana, Sandra.
- Goles: 1-0 Martita (min. 11); 1-1 Patri (min. 15); 2-1 María Gómez (min. 27); 3-1 Patri (min. 29); 4-1 Patri (min. 29); 5-1 Mariña (min. 32); 6-1 Dolo (min. 34).
Patri foi un pesadelo para o Leis Pontevedra
Triplete de Patri no último partido da temporada, nun choque no que as herculinas levaron o peso do partido, pero tardou en abrir a fenda. Na segunda metade, a calidade das costeiras, tras un momento de dúbida cando recurtaba as pontevedresas e metían o 2-1 no marcador, decidiu. Foi Patri con dous goles consecutivos no único momento crítico do choque, o que distanciou as laranxas.
Final da Copa Autonómica, ida
- Resultado: FSf Villa de Cee "Clínica a Xunqueira" - Cereixa Gondomar F.S. (5-1)
- FSF Villa de Cee: Bruno, Perce, Marroco, Mixi e Aitor. Participando tamén Santi, Rober, Juanjo e Pose.
O Villa de Cee encarrila a Copa Autonomica
O pasado sábado celebrouse tamén o partido de Ida da final Autonómica Galega onde o FSf Villa de Cee "Clínica a Xunqueira" recibía na sua casa o Cereixa Gondomar F.S., arroupados por unha afección coma sempre incrible, uns 150 seguidores quer non pararon de animar e levar en volantas o equipo.
Comenzaron moi ben os homes de Llopis, onde dende o primeiro minuto dominaron totalmente o xogo e enseguida conseguían gozar de ocasións de gol, mentres o Cereixa cerrábase ben atrás e intentaba saír a contra, non daban conseguido os Ceenses demostrar a superioridade do seu xogo no marcador, o rival ven cerrado atrás e ca axuda dunha gran labor do seu porteiro conseguía chegar os minutos finais co marcador a cero, pero xa cara o final da primeira parte Juanjo consegue marcar de dobre-penalti o 1-0 co cal iríamos o descanso.
Despois dunha voa primeira parte os ceeses saíron ca mesma filosofía no seu xogo, ca intención de poder conseguir mais vantaxe no marcador, pensando no partido de volta, e os poucos minutos consegue marcar 2-0, pero enseguida reaccionou os de Gondomar e puxéronse cun 2-1, os Ceenses sabedores do importante que era levar unha boa renta para o partido de volta baleiráronse fisicamente no campo e foron a por todas, conseguindo un meritorio 5-1, con goles de Aitor (2) Mixi e Marroco.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/fsfvilladecee/videos/816565481831038/" width="800" height="400" onlyvideo="1"]
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
Novas relacionadas
- O Fisober certificou un ano máis na 2ª Nacional:
- O Villa de Cee remata unha temporada de 10 mentres o Fisober aínda ten que esperar pola salvación.
- O Villa de Cee pecha en casa un ano impecable na súa estrea na Liga Galega.
- As Centolas e as Atletes rematan a tempada con boas sensacións.
- Maratón centoleiro.
- Un derbi con diferenzas.
- Un empate que sabe a moito.
- Primeira alegría do Conco.
- Un día de praia.
- O Semáforo volve brillar.
- O Ponteceso volve á senda da vitoria.
- Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira.
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)