Íntegro leva a súa campaña de prevención de lesións medulares aos institutos da zona
08:10 12/05/17
Representantes de Íntegro estiveron esta semana cos alumnos e alumnas do IES Monte Neme de Carballo
A asociación Íntegro vén de poñer en marcha a súa campaña de prevención de lesións medulares coa que, dende hai algo máis dun ano, a entidade percorrer os diferentes centros educativos da Costa da Morte. Así, o vicepresidente de Íntegro - Ramón Pombo - e o vogal da entidade - David Pombo - estiveron esta semana de visita no IES Monte Neme de Carballo para dar a coñecer aos alumnos e alumnas de secundaria esta campaña. Trátase dunha iniciativa, co-financiada pola Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña ademais da colaboración das administracións locais e de varias entidades privadas, deseñada co único propósito de concienciar e sensibilizar aos máis novos sobre a necesidade de evitar prácticas de risco que poidan derivar en doenzas irreparables.
Pese a que a sesión do mércores foi a primeira deste ano, os alumnos e alumnas do centro carballés fixeron gala dos seus coñecementos, algúns xa adquiridos en edicións anteriores, e amosáronse moi interesados/as e participativos/as seguindo as explicacións dos representantes de Íntegro, que non dubidaron en expoñer os seus casos persoais para ilustrar o día a día sobre unha cadeira de rodas. Durante a charla informativa fíxose especial fincapé na importancia de previr situacións perigosas e imprudentes en praias, piscinas e estradas, como principais causantes do maior número de lesións medulares irreversibles entre a mocidade. Neste senso, incidiuse de maneira especial na importancia de non tirarse á auga de cabeza para evitar accidentes medulares mortais ou de consecuencias irreparables de cara á temporada de verán que está a piques de comezar.
Como en todo aprendizaxe, logo da teoría veu a práctica. E esta foi a parte máis entretida e didáctica da xornada. Ademais de experimentar en primeira persoa as dificultades de desprazarse coa mobilidade reducida, os estudantes puideron poñer a proba a súa destreza sobre unha cadeira de rodas e a súa capacidade de empatía coas persoas que a diario deben enfrontarse a todo tipo de barreiras, tanto físicas como mentais. Unha boa maneira de comprobar que a vida é cuestión de capacidades e que a mellor educación é a prevención.
Novas relacionadas
- O clubEmprego de Íntegro xa funciona en Malpica
- Málpica súmase ao programa clubEmprego de Íntegro para impulsar a inserción laboral da muller
- Íntegro crea un novo espazo para a inserción laboral da muller chamado clubEmprego
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).