Ligas FS: Juguetón e Mamma Mía xogarán a Final da Copa de FS de Santa Comba


Menuda festa a que se vivirá este sábado 13 de maio no Pavillón de Fontenla. Onte disputábanse as semifinais da Copa da XXIX Liga de Fútbol Sala de Santa Comba, e este sábado toca a gran finalísima. Unha final na que estarán El Juguetón e Mamma Mía despois de superar, non sen grandes problemas, á Taberna do Meu Compadre e Vilar de Céltigos, respectivamente.
A primeira semifinail disputada este xoves foi tremendamente bronca. Con 0-0 chegábase ao final dos 40 minutos e fo a sorte dos penaltis a que decidiu que fosen os do Juguetón os que pasen á final.
A outra semifinal enfrontaba ao campión de Liga, o Vilar de Céltigos, co 5º, o Pizzería Mamma Mía. Nun gran partido de Jorge Churián, con dúas asistencias e un traballo en defensa brutal, e unha encomiable actuación do porteiro Herrera, o Mamma Mía superaba ao favorito por 4-3. Os goles do finalista foron de David Gardía (2), César e Diego; superando so goles do Vilar (Cristian (2), e Braulio).

Así, este sábado, a partir das 19:00h, 3º e 4º posto, final e entrega de premios.

Copa en Corme
Trala disputa das 3 xornadas dos grupos ligueiros da Copa, este sábado chegan os Cuartos da Copa da Liga de Fútbol Sala Corme 2016/2017 A.D. Vila de Pondal. Uns Cuartos que precederán ao gran maratón do vindeiro sábado 20 de maio, cando se disputarán as semis e a final e se fará a entrega de trofeos tanto da Liga como da Copa. Por agora, o favorito é Trans. Cotelo, que xa recibirá o trofeo de Campión de Liga e de equipos máis goleador e menos goleado. Buscará o doblete este sábado, nestes Cuartos:- 16:00h: Beres Apligasa – Royal Tym.
- 16:50h: Bar París – Bar Mádison.
- 17:40h: Trans. Cotelo – Seaia F.S.
- 18:30h: Taller Capelán – Os Aldeáns.
Novas relacionadas
- 10-05-17: As Copas de FS de Corme e Santa Comba afrontan a recta final.
- Maio 2017: As Liga de FS de Santa Comba e Corme xa teñen os cadros da Copa.
- Abril 2017: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos, campións en Corme e Santa Comba.
- Marzo 2017: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos superan a Avenida e O Boguiña.
- Febreiro 2017: Cotelo e Avenida escapan en Corme mentres Vilar apreta á TabernaMeuCompadre en Santa Comba.
- Decembro 2016: A Boguiña e Bar Fontana, líderes da Liga de FS de Santa Comba:
- Arrincou con intensidade a XXIX de FS de Santa Comba.
- Novo calendario en Corme, parálise en Corcubión, avanza a de Santa Comba e torneo en Coristanco.
- En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión.
- 17 equipos prepáranse para o comezo da Liga de FS de Corme mentres outros tantos esperan á de Corcubión.
- Xa está en marcha a Liga de FS de Carballo, en breve estará a de Corme mentres periga a de Cee-Corcubión.
- Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee.