Lucía Regueiro: "O sábado estarei por Baio para gozar coas curtamentraxes que participan nos Premios Fouciño"
17:00 06/07/17
A actriz Lucía Regueiro é a madriña da II edición dos Premios Fouciño de Baio que terán lugar este sábado en Baio
Despois destes días de proxeccións, nas que participa un bo número de veciños e veciñas, Baio preparáse para vivir o seu día grande. Os organizadores da II edición dos Premios Fouciño - que corre da man da asociación cultural Adro - teñen todo preparado para que este sábado, día 8 de xullo, Baio sexa a capital do audiovisual galego. Hoxe falamos coa madriña do evento, a actriz Lucía Regueiro.
- QPC: Goza actualmente de boa saúde o audiovisual galego?
- QPC: Como lle afectou a crise ao audiovisual galego?
- QPC: Protagonista na serie Serramoura, na mítica Libro de Familia, presentadora do Luar,... cal é o próximo proxecto de Lucía Regueiro?
- QPC: Cal é o papel máis difícil que tiveches que facer?
- QPC: E cal é o papel que desexarías interpretar?
- QPC: En que medio de expresión te sintes máis cómoda?
- QPC: E estes días tes un novo papel: ser a madriña dos Premios Fouciño de Baio! Que che pareceu que os organizadores deste festival do cinema che deran ese papel?
- QPC: Entón, ímoste ver por Baio estes días?
Os Premios Fouciño, organizados pola asociación cultural Adro de Baio, continúan hoxe no auditorio municipal da vila (ás 21:30 horas) co documental "7 days, 7 cities" de Mandeo Films. Mañá terá lugar nas Torres do Allo a presentación oficial deste certame do audiovisual e a contuación proxectarase a primeira longametraxe rodada na Costa da Morte que lle da vida a estes premios "Fouciño Sanghento". Tamén ás 21:30 horas.
Xa o sábado, día 8, o programa ábrese xa ás 12 horas con dúas actividades. Por unha parte, haberá un obradoiro de cine da modalidade Stop Motion dirixido a nenos e nenas de menos de entre 8 e 12 anos. E, por outra, varios expertos do mundo audiovisual - como Jorge Boquete (Porco Bravú), Carmen Rey (Numenius) Miki Martínez (Vychokos Entertainment) e representantes do programa Youtubeir@s – participarán nunha mesa redonda para falar de como empregar a linguaxe audiovisual para falarlle ao mundo de universos persoais e locais.
Xa pola tarde o certame trasládase aos establecementos hostaleiros de Baio, lugar no que se proxectarán as curtas participantes no concurso así como as cedidas por outros creadores. E rematadas as visualizacións comezará a soar a música na praza do parque infantil de Baio que poñerá o broche final ao certame. Ao redor das 21:30 horas, mozos e mozas da vila farán unha sesión de regueifas que lle dará paso ao concerto de Oîma. A continuación, terá lugar a entrega de premios que está prevista,
aproximadamente, para as 23 horas. A festa continúa cun festival de música emerxente.
Novas relacionadas
- 04-07-17: Trinta curtas participan no concurso dos Premios Fouciño que reparte 800€ en premios
- 03-07-17: Arrancan os Premios Fouciño de Baio
- 27-06-17: Lucía Regueiro amadriña os Premios Fouciño de Baio
- 25-06-17: “Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza”
- 20-06-17: Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- 19-06-17: Atopan en Laxe unha anticitera do século II a.C.
- Volven os Premios Fouciño de Baio
- Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).