sábado. 03.05.2025
El tiempo

Malpica celebra o 83 aniversario das Misións Pedagóxicas

Malpica celebra o 83 aniversario das Misións Pedagóxicas
misions pedagoxicas malpica Varias actividades organizadas polo concello de Malpica, a asociación cultural Malante, a asociación de veciños San Antonio e a Tropa dos Pardos, conmemorarán a estrea do Retablo dos Fantoches en Malpica aló polo 20 de outubro de 1933. Naquel encontes José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís xunto a Rafael Dieste iniciaban en Malpica de Bergantiños as representacións de monicreques que as Misións Pedagóxicas representaron por todo o estado. En lembranza daquel titánico esforzo por levar a cultura a todos os recunchos do estado español no 22 de outubro de 2016 volverase ó mesmo espazo que se usara no ano 33 unha representación de monicreques. Unhas actividades é unha mostra fotográfica sobre As Misións Pedagóxicas en Malpica que acollerá o centro Cívico da vila do 20 ó 31 de outubro. Tamén se aproveitará para facer recuperación de fotografías relacionada co tema, polo que todos os veciños e veciñas que teñan recordos poden achegalas ao departamento de Educación e Cultura para proceder á súa dixitalización e incorporalas á mostra fotográfica. A cambio recibirán un CD con fotografías do conxunto da mostra. Xa o sábado, á partir das 17 horas, haberá pasarrúas da man da A. C. Malante e ás 18 horas a compañía de teatro Babaluva representará na praza Anselmo Villar Amigo a obra Tita; nha montaxe de teatro de títeres e actrices sobre a intelixencia emocional e a súa importancia na infancia. A duración da obra é de 50 minutos e está dirixida principalmente ao público familiar. Ao remate, sobre as 19 horas, haberá un magosto popular onde non faltarán as castañas, o viño nin a música. Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica
 

Comentarios