Martes. 07.05.2024
El tiempo

Muxía preparase para vivir o entroido

Muxía preparase para vivir o entroido
entroido muxia 2016 Os veciños e veciñas de Muxía desfrutarán durante catro días dos entroido coas actividades que ten programadas o concello. Os actos comezan o sábado, 6 de febreiro, cun obradoiro de doces e pratos típicos destas datas no que poderán participar os nenos e nenas de máis de 9 anos. Os interesados deberán inscribirse previamente. O martes de entroido, 9 de febreiro, será o día da gran festa do carnaval no que haberá concurso de disfraces infantil e para adultos, ademais de degustación de filloas e orellas, e música a cargo de Manolo Delfín. En total, o concello repartirá case 1.500€ en premios. As actividades continúan o mércores na biblioteca municipal onde os nenos de primaria poderán participar no obradoiro "O noso entroido" para o que terán que anotarse. O enterro do percebe poñeralle fin ao carnaval. O evento será o sábado 13 de febreiro ás 19 horas. Primeiro haberá unha concentración diante do edificio de servizos múltiples e logo o cortexo fúnebre fará un percorrdio pola vila. Despois da queima do percebe repartirase chocolate entre todos os asistentes que pasarán un anaco divertico coa música de Xaramiños do Corpiño. Este ano os encargados de elaborar o percebe son os nenos e nenas que forman o clube de Xadrez Cabo Touriñán. Novas relacionadas Fonte

Comentarios