xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Agra de Raíces vive a súa semana máis branca

O Agra de Raíces vive a súa semana máis branca
Alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato viaxaron a Andorra Alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato viaxaron a Andorra Que viaxando tamén se aprende é un dito que teñen moi comprobado os alumnos e alumnas que estudan no IES Agra de Raíces de Cee. Precismente os estudantes do 1º curso de bacharelato acaban de desfrutar da "semana branca" que consistiu nunha viaxe a Andorra onde tiveron a oportunidade de practicar o esquí nas pistas de PAL_ARINSAL. Na viaxe, que iniciaron o pasado día 16, participaron 29 alumnos e alumnas acompañados de dúas profesoras do centro de ensino ceense. Aló participaron nas sesións de aprendizaxe impartidas por uns monitores que lles ensinaron as técnicas para para deslizarse na neve así como os aspectos máis importantes deste deporte de montaña. Despois das clases, os alumnos acompañados das profesoras practicaban as tácticas aprendidas para avanzar cada día e rematar o venres cun diploma no nivel máis alto posible. Ademais de estar en pista aproveitaron as tardes para visitar a cidade de Andorra e pasar unhas horas un dos últimos días no centrotermolúdico Caldea para recuperar así a vitalidade e voltar a Cee para incorporarse ás clases onte a primeira hora. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Agra de Raíces

Comentarios