O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
08:07 12/10/16
O BNG Costa da Morte vén de mostrar o seu apoio ao Comité da empresa Ferroaltántica que lle esixe á Xunta “a non segregación das actividades produtivas e o mantemento de postos de traballo en Cee e en Dumbría, así como as inversións necesarias para este fin” despois de que o grupo anunciase a apertura dunha nova fábrica de silicio en Sabón. "Apoiamos o comunicado na súa totalidade, e poñémonos a disposición dos traballadores e traballadoras para a posta en marcha das medidas que se crean necesarias" ratifica nunha nota de prensa o BNG Costa da Morte.
Neste sentido, os nacionalistas veñen de solicitar unha reunión co comité da empresa co fin de que a partir do próximo venres 21 - día no que se forma o Parlamento galego - se poidan coordinar e pór en marcha as iniciativas que se consideren oportunas.
Para o BNG Costa da Morte, as fábricas de Ferroatlántica situadas en Cee e en Dumbría teñen unha especial relevancia na economía da comerca xa que é a empresa que máis postos de traballo xera.
Novas relacionadas
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)