O centro Cívico de Malpica acolle a exposición "Asunción, María e José" do fotógrafo Marcos Rodríguez
 
    08:05 04/10/16 
             Despois do seu paso pola casa da Cultura de Vimianzo, Marcos Rodríguez leva a súa exposición fotográfica ao centro Cívico de Malpica onde estará durante todo o mes de outubro. "Asunción, María e José" é o nome desta mostra na que cada foto conta unha historia vital, que invita a viaxar no tempo, sentir o calor da lareira, o peso das zocas nas lameiras, o suor tras unha dura xornada de traballo na leira... Cada foto conta a historia de cada un e cada unha de nós, dos nosos maiores, espellos nos que debemos mirarnos cada día para aprender do pasado para poder encarar o futuro.
Algo así só pode conseguilo unha persoa que entende a fotografía non só como unha profesión, senón como unha forma de vida. Para Marcos Rodríguez é así. No camiño entre Carballo - onde se criou - e Cee, onde está afincado e onde ten o seu estudo de fotografía, Marcos ten atopado moitos motivos de inspiración, moitos momentos irrepetibles para amosar ao futuro e para a eternidade, como el di. A fotografía artística non é, nin moito menos, o groso do seu traballo. Foi xefe de fotografía no semanario O Acontecer, traballou para El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, DxT Campeón e con La Voz de Galicia e para o noso diario Que Pasa na Costa.
No seu currículum figuran numerosos premios: Concurso Internacional Vagamundos na categoría de paisaxe, premio á mellor fotografía sobre violencia de xénero en Camariñas, no certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, mencións da federación de fotógrafos españois, entro outros moitos. O ano pasado chegoulle un dos seus maiores recoñecementos coa medalla de prata na categoría de reportaxe da World Photographic Cup.

Novas relacionadas
- Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Marcos Rodríguez, de nominación en nominación
- Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal.
- “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
- Marcos Rodríguez asegura podio na Copa do Mundo de Fotografía.
- Marcos Rodríguez, finalista da Copa do Mundo de Fotografía.
Máis información
Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Malpica