![antelo-dxt]()
Xa non será necesario desprazarse ata A Coruña para realizar os trámites administrativos relacionados coa DXT -
Dirección Xeral de Tráfico -.
O
concello de Vimianzo acaba de asinar varios convenios coa entidade que regula o tráfico grazas ao cal os veciños e veciñas poderán realizar os trámites de
cambio de domicilio no carné de conducir e do
Imposto de vehículos de tracción mecánica nas dependencias do concello vimiancés.
Con este convenio, o concello de Vimianzo xa figura na inscrito na páxina web da DXT como
Centro Colaborador.
Para máis información: 981716001