venres. 09.01.2026
El tiempo

O programa Escora escolle, coa veciñanza de Vimianzo, a súa nova programación

ESCORA en Vimianzo
O programa Escora escolle, coa veciñanza de Vimianzo, a súa nova programación

ESCORA volve pola Costa da Morte, un ano máis, para fusionar a danza contemporánea co mundo da tradición. E para facelo, volve a Vimianzo o vindeiro venres 16 de xaneiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura para elixir a programación. Levarase unha selección de artistas para presentar en sociedade e falar dos seus traballos. 

O obxectivo é abrir un debate sobre as propostas que máis lle interesen ao público para que o programa 2026 sexa máis nutritivo e achegue a realidade do noso territorio. 

Non é preciso contar con ningún coñecemento previo sobre danza contemporánea, só gañas de compartir, debater e imaxinar en colectivo. Todas as persoas son benvidas. 

Comentarios