O EFA-Fonteboa prepárase para un fin de curso cargado de actividades formativas
          
    08:09 25/04/17 
            
O EFA-Fonteboa de Coristanco vén de dar a coñecer as actividades formativas dos vindeiros meses dirixidas principalmente aos seus alumnos ainda que tamén reservan prazas para o público interesado.
As actividades arrancan o 22 de maio cun curso de benestar animal que durará ata o día 26 e que se desenvolverá en horario de9 a 15 horas. No curso trataranse contidos relativos ao benestar animal en granxas, transporte e matadoiros e está dirixido a alumnos de CFGS de Gandaría e Asistente en Sanidade Animal e tamén hai prazas dispoñibles para público interesado na materia.
Coa colaboración de varias explotacións gandeiras da zona, na semana do 29 de maio ao 2 de xuños desenvolverase un curso teórico-práctico sobre muxido en horario de 9 a 13:30 horas. O obxectivo é formar técnicos cualificados nas rutinas de muxido dacordo coas esixencias de sanidade, hixiene, benestar animal e calidade do leite.
Do 5 ao 9 de xuño terá lugar o curso cualificado de aplicación de fitosanitarios que se desenvolverá en horario de 9 a 14 horas  no que participarán alumnos de 1º curso de CFGS de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal e persoas interesadas.
O sábado 17 de xuño terá lugar a clausura do curso coa memoria de actividades, a entrega de diplomas aos alumnos que rematan o CFGM eo CFGS, o apadriñamento da promoción de 2017 e as distincións Fonteboa 2017.
Alumnos de 3º e 4º da ESO e de Formación Profesional participarán do 24 ao 30 de xuño nas xornadas de Acción Rural que terán lugar en El Grado (Huesca) baixo o tema "Solidariedade e pobreza. Conéctate á periferia".
As actividades formativas volven no mes de xullo cun curso de fitosanitarios de nivel básico que se desenvolverá do 10 ao 13 de xullo en horario de 9 a 14 horas. A actividade está dirixida a agricultores e persoal responsable da manipulación de productos fitosanitairos nos establecementos de almacenamento e venda.
Dentro das actividades dos programas europeos, dous profesores do centro coristanqués participarán en dous encontros que terán lugar os vindeiros meses en Escocia e en Normandía.
No vindeiro trimestre tamén están previstas varias actividades relacionadas coa apicultura. A primeria será unha cata de hidromel que terá lugar o 28 de xuño ás 16 horas e outra de roteiros apícolas que se desenvolverán os días 3 e 11 de xullo.
E xa no mes de setembro presentarase o proxecto EcoRural (estadías profesionais en empresas agroalimentarias de Francia e Irlanda) na que poderán participar xóvenes con formación profesional agraria, veterinaria, agronomía,... que desexen ampliar a súa experiencia profesional.
Novas relacionadas
- O EFA Fonteboa viaxa a Francia para coñecer novos modelos de producción de leite
 - O EFA Fonteboa presenta as súas actividades formativas para o trimestre
 - O Efa-Fonteboa analiza as instalacións gandeiras
 - O Efa-Fonteboa organiza unha xornada sobre as pradeiras
 - EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua
 - Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
 - A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
 - O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
 - Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
 - Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
 - A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
 - A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
 - O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
 - Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
 - Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
 - EFA-Fonteboa