O EFA Fonteboa viaxa a Francia para coñecer novos modelos de producción de leite
07:07 10/02/17
Alumnos de CFGM de Produción Agropecuaria e alumnos de CFGS de GAndaría e Asistente en Sanidade Animal viaxan a principios do vindeiro mes de marzo á localidade francesa de La Vendée (Pays de la Loire). Ésta é unha viaxe que se enmarca dentro do programa de actividades posto en marcha polo EFA Fonteboa para este trimestre.
A expedición parte o día 1o. O sábado día 11 visitarán a granxa san José, en Tamarite de la Litera en Huesca. O domingo viaxarán dende El Grado - Huesca - a La Guyonnière (La Vendée - Pays de La Loire). Os días 13, 14, 15 e 16 de marzo realizarán varias visitas técnicas e coloquios nas que os participantes coñecerán iniciativas sobre valorización da produción de leite, análise dos modelos de asociacionismo, estudar os modelos de xestión de maquinaria, coñecer iniciativas de diversificación e intercambiar cos profesionais da rexión sobre os escenarios de produción no marco da PAC 2014-2020.
Esta viaxe está organizada polo centro de promoción rural EFA Fonteboa, situado en Coristanco, en colaboración co Centre de Formation et Promotion - Institut de Fromacion Superieur "Meslay". Ainda quedan prazas dispoñibles para profesionais interesados en participar. O custo da viaxe para os socios da asociación EFA Fonteboa é de 380€ e 410€ para os non socios. O prezo inclúe viaxe de ida e volta, pensión completa durante a estancia e documentación. O prazo para anotarse remata o 8 de marzo.
Novas relacionadas
- O EFA Fonteboa presenta as súas actividades formativas para o trimestre
- O Efa-Fonteboa analiza as instalacións gandeiras
- O Efa-Fonteboa organiza unha xornada sobre as pradeiras
- EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
- O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
- EFA-Fonteboa