xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez

O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez
Campionato de Xadrez no Centro Comercial Finisterrae a Campionato de Xadrez no Centro Comercial Finisterrae a

Fin de semana completa esta de xadrez, pois ademais da nova xornada da Liga Regular do Cabo Touriñán, o Centro Comercial Finisterrae de Cee acollía un novo Torneo Comarcal Xogade de base.

Participaron 42 nenos (16 en benxamíns e 16 alevíns), no que serviu de fase clasificatoria para o campionato intercomarcal que se celebrará o vindeiro día 22 en Boiro. O claro vencedor foi o Manuela Rial, quedando cambión en todas as categorías. Cómpre destacar tamén o segundo posto en alevín e terceiro en benxamin dos debutantes do CEIP Praia de Quenxe, e da Anpa Barcoma da Picota, segundos en benxamíns.

Pero o máis importante é que foi unha xornada fantástica para os rapaces no Centro Comercial ceés.

Campionato de Xadrez no Centro Comercial Finisterrae Fantástico o Campionato de Xadrez no Centro Comercial Finisterrae

Liga, 2ª División, Grupo C, rolda 9

  • Resultado: Keixo de Arzúa - Cabo Touiñán (1-3).
    - Xosé Manuel Zapata - José Soneira 1-0;
    - Xosé García Rodríguez - Ramón Franco 0-1;
    _ Luís Ramón Sánchez - Santiago Pérez Haz 0-1;
    - Luís Vidal Abad - José Sar Vilela 0-1.
Jose Soneira perdeu a sua primeira partida no que vai de campana Jose Soneira perdeu a súa primeira partida no que vai de campana

A primeira partida en rematar foi a de José Sar, cuarto taboleiro, que está "on fire" xogando ao ataque unha apertura moi arriscada coñecida como variante Fegatello da apertura italiana onde se sacrifica un cabalo deixando ao rival co rei exoisto no centro do taboleiro.
No terceiro taboleiro Santiago Pérez conseguiu vantaxe de dous peóns e impúxose nun final con boa técnica.
No segundo taboleiro Ramón Franco logrou encerrar a Dama do rival que tivo que entregar un álfil para salvala e gañou fácil en 35 xogadas.
A última partida en rematar foi a de José Soneira que se meteu nun lío onde o seu rival conseguiu vantaxe de calidade e chegouse a un final perdido para Soneira que perde asi a súa condición de invicto na liga.

Así, tras esta 9ª rolda, o Club Cabo Touriñán está 3º na táboa, con 22,5 ptos de 36 posibles.

A próxima xornada será o 22 de abril, tralo parón por Semana Santa, contra o Milladoiro (que vai 2º con 24 ptos.) en Muxía.

Máis información

Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios