O Museo de Asunción Antelo espera cas portas pechadas a chamada das administracións

08:30 29/03/17


Sinalización

30 anos estivo Coristanco solicitando unha boa sinalización do Museo, e os sinais chegaron apenas un mes antes do seu falecemento. Así, hoxe hai varios sinais nas estradas da zona que indican cara un espazo pechado. Os sinais quedaron pedidos a través dunhas axudas turísticas da Deputación cando Laura Mariño estaba na Concellería, pero facían falta permisos da Xunta. A día de hoxe unhas están instaladas e outras agardan no almacén, mentres as portas do museo seguen pechadas.
Esperando por un acordo
O único camiño é que algunha destas entidades chegue a un acordo ca familia. O propio alcalde Amancio Lavandeira recoñece que polo de ahora non houbo movementos, pero que “dende o Concello intentaremos en breve periodo de tempo poder chegar un tipo de acordo coa familia, para que polo menos haia un horario semanal de visita, e para visitas guiadas e escolares, e no que poidamos facer o mantemento e coidado do museo. Esa é un pouco a intención pola nosa parte, pero os donos teñen que dar algunha palabra, é unha decisión da familia, unha decisión privada. Nós non podemos máis que intentar chegar a un acordo con eles”. Nese sentido, Lavandeira entende que “xa pasou un tempo prudencial” e pode ser bo momento para comezar as negociacións, e agradece que haia algo de ruído para que se movan os primeiros fíos. ”Vexo posibilidades de chegar a un acordo, claro, o contrario sería unha pena, é unha referencia cultural en Coristanco e en todo Bergantiños. Esperamos poder potencialo para que non quede aí en desuso”. Lavandeira recoñece tamén que polo de agora non falou do Museo concretamente coa Deputación, se ben si que hai un libro pendente de publicar realizado por Cristina Abelleira. Foi unha verdadeira mágoa que Asunción non o puidese ver en vida, dende logo, a pesar de que a solicitude de impresión se realizou aló por xaneiro de 2016.Novas relacionadas
- 31-12-2016: Pesar en Coristanco polo pasamento de Asunción Antelo.
- 30-12-16: Faleceu Asunción Antelo. Bergantiños perde á súa Rexoubeira.
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- Que ningún coristanqués quede sen coñecer a Asunción Antelo.
- Unha visita contemporánea á Rexoubeira de Bergantiños polo Día da Muller
- “Pero como fixo tantas cousas?”.
- Unha visita moi didáctica á Rexoubeira de Bergantiños.
- 2014: Unha copla polos 95 anos de Asunción Antelo, a Rexubeira de Bergantiños.
- Vieiros 2008: Entrevista en vídeo con Asunción Antelo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).