O Simposio do Megalitismo reclama máis políticas para coidar o patrimonio


Vimianzo é, máis que nunca, a Capital galega do Megalitismo. Se durante todo o ano Vimianzo é un dos lugares con máis monumentos megalíticos de toda Galicia, esta fin de semana é o verdadeiro epicentro desta ciencia. O II Simposio “O megalitismo da Costa da Morte no seu contecto atlántico” xunta estes días a máis de 90 persoas inscritas (entre elas 35 profesores), toda unha marca para un evento destas características.
O venres tiña lugar a inauguración e as primerias ponencias. Foron Manuel Muíño (alcalde de Zas e Deputado provincial), Manuel Antelo (Alcalde de Vimianzo), Antón R. Casal (catedrático da USC e coordinador cientìfico do Simposio) e Xosé María Lema (presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte), os que abriron o telón. Un Simposio que comezou reivindicativo, reclamando máis políticas de posta en valor e protección para os monumentos, incidindo no desenvolvemento do Parque do Megalitismo, proxectado fai máis dunha década e paralizado, hoxe en día, pola Xunta de Galicia.
En clave local, Manuel Antelo explicou as liñas básicas que están a desenvolver dende o Concello de Vimianzo, centradas en dar a coñecer os monumentos entre a poboación para contribuír a súa protección e a súa posta en valor.
De maneira concreta pódese salientar a Ruta dos Dolmens, sinalizada e da que se acaban de editar uns folletos informativos en galego, castelán, inglés e francés, os esforzos por parte do goberno municipal para adquirir a propiedade das parcelas nas que se atopan os monumentos megalíticos e a inclusión dos dolmens de Vimianzo no Itinerario cultural europeo do megalitismo.
Unha singular lembranza
O acto de inauguración rematou con lembranzas para o investigador Roberto Mouzo Lavandeira, falecido fai tres anos e cualificado como unha peza fundamental para a investigación e a posta en valor do megalitismo da Costa da Morte.Unha Sala con historia

Na Sala de exposición Antón Mouzo poderase visitar unha exposición do SEMESCOM que fai un percorrido polos dolmens da Costa da Morte.
Ponencias de primeiro nivel

Foi o catedràtico da USC Roberto Fàbregas o que abriu a veda das ponencias, repasando á situación do megalitismo galego no día de hoxe.
Xosé Mª Lema Suárez, o gran mestre local, presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, falounos da contorna histórica, natural, artística e cultural dos dolmens da Costa da Morte, e deu conta de por que Vimianzo é referencia na materia.
O arqueólogo Manuel Lestón explicou as últimas intervencións arqueolóxicas e a musealización do dolmen de Dombate, que tiveron a súa polémica.
Foi Mar Llinares, a carnotá da USC, a que pechou a xornada do venres falando da estreira relación entre os monumentos megalíticos e a mitoloxía popular.


Sábado reivindicativo, ollando ao futuro


Domingo, día de visita


Novas relacionadas
- Programa completo do Simposio do Megalitismo da Costa da Morte de Vimianzo.
- Descobren un novo dolmen en Vimianzo sen inventariar.
- As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Nace unha web sobre o patrimonio e a historia de Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).