O Xadrez Cabo Touriñán pelexa por manter a 3ª praza
Tras 10 roldas disputadas na 2ª División, o Club Xadrez Cabo Touriñán parece cómodo na 3º na praza da táboa clasificatoria con 23,5 ptos de 40. Unha táboa que lidera do Nemenzo de Santiago, que xa rubricaba esta fin de semana o ascenso á 1ª División a falta de unha xornada para o remate da Liga.
Liga, 2ª División, Grupo C, rolda 10
- Resultado: Cabo Touriñán - Milladoiro (1-3)
- Resultados por taboleiros:
- José Soneira - Mario Iglesias 1/2-1/2;
Ramón Franco - Carlos Rodríguez 1/2-1/2;
José Sar - José Carlos Gestido 0-1;
Gonzalo Saborido - Xosé Xoan Hidalgo 0-1.
A primeira partida en rematar foi a de Gonzalo que se estreaba esta tempada e tivo unha partida dificil contra un rival veterán que se impuxo con un bo ataque ao rei. José Soneira no primer taboleiro e Ramón Franco no segundo fixeron táboas tras xogar unhas partidas moi igualadas. José Sar perdeu a calidade (Torre por Cabalo) e chegou a un final de alfil e tres peóns contra torre e catro peóns no que se impuxo o seu rival con boa técnica.
A próxima xornada toca rematar a Liga fóra de casa contra o USC e os muxián pelexarán por manter a 3ª praza na clasificación.
>Máis información
Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.Novas relacionadas
- O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez. O Cabo Touriñán afiánzanse na zona media da 2ª Galega de xadrez.
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).