Previa do partidazo entre Camelle e IDC

Esta fin de semana dispútase un dos encontros máis importantes da 3ª rexional costeira. Domingo ás 18.15 no municipal das Eiroas (Carballo) enfróntanse o 1º e o 2º clasificado da categoría, a SD Camelle e o Independiente de Carballo CF.
Augúrase un partido de moita tensión, no que tratará de poñer orden o colexiado Carlos Martínez Rodríguez, quen seguramente teña bastante traballo debido á importancia do choque e dos 3 puntos en xogo.
Os carballeses e os de Camelle son os dous equipos menos batidos da categoría, con 17 e 18 goles en contra, respectivamente, o que fai predecir un partido con poucos goles coma na ida no campo do Rodeiro que rematou con empate a 1. A igualada sabería a pouco en ambos bandos, a pesar de que queda moita liga por diante, xa que unha victoria neste encontro non só serían tres puntos senón que o equipo que gañara tería tamén ao seu favor o golaveraxe particular.
Esperemos que o domingo nas Eiroas se viva un gran espectáculo, un bo partido de fútbol donde disfrute todo o mundo, xogadores, corpos técnicos, directivas e sobre todo os afeccionados, e que sea un encontro do máis limpo posible. E QUE GAÑE O MELLOR.
Os protagonistas

Dani Rosalía, capitán do Independiente: “O partido preséntase complicado e imaxino que con poucos goles, xa que somos os dous equipos menos goleados. É un partido importante polo apretada que está a clasificación xunta o Porteño, ademáis do golaveraxe que pode influir ao final da liga, aínda que con outras 9 xornadas para o final. Son 3 puntos en xogo e de nada sirve gañar este partido si despois pinchas en outros que na teoría son máis asequibles.
Sabemos que o Camelle virá moi arroupado pola súa xente e en canto a nosa afición non é moi numerosa pero esperamos que para este partido si veñan bastantes afeccionados a apoiarnos. Somos conscientes que é difícil nun pobo coma Carballo no que hai moitas disciplinas deportivas e tamén axuda que non temos moito apoio por parte da prensa, xa que outros equipos da zona copan a maioría das páxinas da prensa local.”
Ángel Carballo “ Pupus”, míster do Camelle: “Vai ser coma un derbi, non se sabe quen gañará. É un partido moi importante contra un rival cun contragolpe moi rápido. Aínda queda moita liga pero para calquera dos dous equipos van ser moi importantes os 3 puntos, xa que está o Porteño a espera do resultado.”
Según o míster camellán estarán acompañados e arroupados por uns 100 afeccionados.

Paco Cantelar, presi do IDC: “É un partido moi importante porque de obter un bo resultado, que sería gañar, sairíamos moi reforzados de cara á recta final. Espero un Camelle forte pero confío que xogando na nosa casa e co apoio da afición poder gañar os 3 puntos e que non se lle complique a vida ao árbitro e que sea un partido limpo e noble.”
- Artigo de David Castro (davidcastro@quepasanacosta.gal).
Outras entrevistas de David Castro
- Entrevista de David Castro co porteiro cabanés Sergio Aranzubía.
- Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol.
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da semana
- Novo parte de sancións cun pouco de todo.
- Xuvenís: O Cabana destácase mentres Fisterra e Ponteceso caen.
- 3ª Autonómica: Intensa loita pola promoción.
- 2ª Autonómica: O Montelouro quédase só no pozo.
- 1ª Autonómica: Dous empates son pouca renda.
- Preferente: Cun gol basta.
- Resultados dos 64 partidos e análise da ultima xornada de febreiro.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).