A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces
09:44 04/06/13
Se somos convidados por unha amiga miña do concello pontevedrés da Vila de Cruces teremos a sorte de recibir unha zumenta lección gratuita sobre a vida emigrante dunha muller que desembarcou no porto de Bos Aires hai máis de 60 anos. Sempre alegre e animada camiño da mocidade dos seus primeiros 80 anos. Non se lle nota nadiña o seu recén superado abatemento. Foi no verán en San Clemente del Tuyú cando comezou a frouxear e deixar de camiñar pola beira do mar no anoitecer. Estaba mal pero sen afección ningunha segundo os médicos. Unha tarde, ocórreselle pedirlle un vasiño de cervexa ao seu fillo maior e inmediatamente despois de beber sinte que está moito mellor. Seguiu coa súa cervexiña nas comidas e nunha semana estaba perfectamente restablecida. Cando volveu para a capital fixo as análises correspondentes e para sorpresa do seu médico, as variables todas daban positivo. Díxolle que a melloría veu despois da cervexa e o médico coincidiu en que foi unha medicina sandadora que debe seguir tomando a cotío. Agora dona Lola Rial non come sen a compaña dunha cervexa nacional sen alcol.
A miña amiga vive na rúa Estados Unidos e no seu fogar Galicia está presente en cada espazo da vivenda. Na sala un fermoso cadro do seu vello amigo Cordeiro e pezas de Sargadelos e recordos do seu falecido esposo, José Fernández, nativo das monfortinas terras de Canabal na beiriña do río Cabe. Enriba da mesa agarda expectante unha das empanadas de pescada máis famosas da República Arxentina. A súa cor e o ulido son dous sinais inequívocos de que foi amasada e forneada polas mans solidarias de dona Lola. Escoito os seus comentarios que vai debullando sen présas e penso en que debería de impartir un cursiño sobre “Emigración Galega na Arxentina”. Unhas charlas semanais reservadas soamente para os membros do Parlamento de Galicia. Sería o xeito máis didáctico para que os representantes da vontade popular adquirisen unha serie de coñecementos sobre a historia dun país que abriu o seu corazón aos nosos desexos de agarimo no sur riopratense. Os que veñan irán da man de dona Lola polo cemiterio da Chacarita e polo Centro Galego de Bos Aires e polas Galerías Pacífico e pola avenida de Maio e pola avenida Mitre en Avellaneda. Cando volvan e estean sentados no seu escano serán máis ricos ao sumar unha percepción máis ampla do que significa realmente “ser galego”. Aceptarán que sen camiñar polas rúas porteñas eran “medio galegos” ao faltarlles a emotividade que se respira na capital arxentina.
Cando fala dona Lola hai que estar atentos xa que as súas historias parecen intrascendentes. Os que escoiten entenderán moitos dos problemas que levan enchendo páxinas durante anos nos xornais. Sobre o voto exterior dirá que non existe xa que o voto é sempre interior ao saír dun razoamento que nos fai decidir por unha ou outra opción. Engadirá que a xeografía non debería de ser a razón avaliadora do recurte de dereitos xa que as augas atlánticas non afastan aos emigrantes senón que os unen nunha singradura de dous carrís entre norte e sur. Se lle preguntamos polo Centro Galego de Bos Aires non resposta con desculpas como é o habitual dentro da colectividade. Afirma con determinación que se a economía arxentina vai ben tamén deberían de funcionar con normalidade os servizos médicos no Centro Galego. Os xubilados recuperaron o seu poder adquisitivo e poden pagar as cotas sociais e sen embargo a entidade está intervida porque non puido facer fronte aos retrasos nos pagamentos de insumos e salarios. Quizais haxa que buscar a clave da desfeita na confusión instalada dentro dos dirixentes que mesturaron os lexítimos intereses sociais coa política arxentina. Unha gran maioría de dirixentes dedicaron máis esforzos a criticar duramente os gobernos de Néstor e Cristina que a xestionar con sensatez e honradez o patrimonio social. Se había problemas a culpa era dos “peronistas” que son todos unos “chorros”. A solución viña da Xunta de Galicia que axudou sempre a quitalas castañas do lume. Aínda estou aplaudindo a dona Lola porque coincido con ela en que se as agrupacións do Centro Galego pretenden agachar que son as responsables da desfeita entón nunca volverán a representar a ninguén xa que os socios buscarán novas vías de representación deixando atrás as obsoletas e tradicionais cinco agrupacións Pro Centro Galego. Graciñas, dona Lola, a empanada estaba boísima.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).