venres. 09.05.2025
El tiempo
10:49
20/09/11

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (I)

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (I)

A inexistencia de mosteiros fortes foi o que empurrou os reis a confia-Ia tarefa de reoganización interior á nobreza local, moi probablemente emparentada nalgún grao cos membros do grupo familiar de Pedro Fróilaz. A rama principal, aínda que presente aínda polas súas posesións na zona, atopábase certamente cada vez máis mergullada en secunda-las iniciativas e actividades do rei na corte e na fronteira, polo que será a estes grupos secundarios a quen os monarcas leoneses encomendarán o proceso de feudalización e articulación da terra de Nemancos.

En 1131, Alfonso VII tiña xa doado a Pedro Moniz de Carnota una hereditate de infantatico que est territorio Nemancos vocitata Codesos, coas súas terras, prados, augas, pesqueiras, muíños, montes e fontes sicut ad regale ius pertinet; posteriormente, o fillo e sucesor de don Alfonso en León, Fernando II, en 1173, doará a Xoán Fróilaz Mariño Illum reaglengum dictum Perariam de Nemancos. Curiosamente, ámbalas dúas doazóns remataran recaendo no dominio do nacente mosteiro de San Xusto de Toxos outos -cabo da vila de Noia- nos anos 1139 e 1219, respectivamente.

Gracias a estas doazóns vaise perfilando na zona unha nova xeografía que podemos denominar señorial, pola que comeza a existir unha diferenciación entre unhas terras e os homes que as habitan, e outras, en función da dependencia que menteñen cuns determinados grupos nobiliares ou eclesiásticos que acaparan non só a renda da terra, senón tamén o control sobre os habitantes desa mesma terra e as actividades que realizan. O mapa señorial completarase en datas descoñecidas, pero que de ningún xeito superarán os límites do século XIII, gracias ás adquisicións de aldeas que realizarán o mosteiro de San Paio de Antealtares, que posuirá o lugar de Porcar, en Lires; o pequeno mosteiro feminino de Santa Tasia, situado na que hoxe é parroquia de Santo Ourente de Entíns (Outes), será dono en Pereiriña dos lugares de Lobelos, Duei e Bedán, e en Lires de Tedín e Padriz; e finalmente, o mesmo Moraime, non só terá algunhas herdades en Brens -xa reflectidas na relación das rendas da vestiaria de finais do século XIII-, senón tamén en Codesos, e o lugar de Vilar de Armentar, na freguesía de Santo Adrao de Toba.

O proceso de enmarca-los homes e as terras nun sistema trabado e articulado, cal é neste caso o sistema feudal, non se detén simplemente aí, senón que vai incluír a tódolos aspectos da vida humana. Faciamos referencia anteriormente á realidade da reforma gregoriana que ía impoñéndose de xeito gradual en Galicia, o mesmo que no resto do reino de León. Pois ben, un paso fundamental para esta reforma foi a implantación definitiva dun novo modelo de xeografía parroquial, que coma unha rede integrase e enmarcase todo o territorio. A parroquia vaise converter nun ámbito fundamental de relación e encadramento humano; é a igrexa á que deben concorre- Ios fieis para participar nunha vida sacramental á que se Ile vai conceder máis importancia da que anteriormente se Ile tiña dado, e será ó tempo o centro de recepción dos tributos eclesiásticos (décimas e primicias), que no vello sistema altomedieval de parroquias amplas e escasas, eran verdadeiramente difíciles de recadar.

Así, nas doazóns reais do século XII xa se deixa xa moi claro que hai unha igrexa para cada territorio e un territorio para cada igrexa. Exemplos: en Buxantes dóase ecclesia ... cum suo regalengo; En Codesos entrégase hereditate .. . concurrente ad ecclesiam Sancti Christofori; finalmente, en Pereiriña se aclara que a doazón é de ecclesiam ... dictam Sanctum lulianum de Peraria cum omni suo regalengo.

Trátase pois da implantación dunha organización nova no seo da diocese compostelá, que culmina en 1177, cando o arcebispo Pedro Suárez de Deza divide o seu territorio en catro arcedianatos -Nendos, Cornado, Salnés e Trastámara- ós que logo haberá que engadi-Io arcediagado de Reina para aquelas terras dependentes de Santiago pero situadas fora dos límites de Galicia. No lugar das parroquias amplas aparecen os arciprestados, formados por un conxunto máis ou menos numeroso das novas parroquias. Á fronte de cada un dos arcediagados aparece un arcediago, individuo integrado no cabido catedralicio e figura eclesiástica de destacado relevo, por gozar de amplos poderes e indubidables potestades dentro do marco do seu arcediagado: será o encargado de realiza- las visitas ordinarias para velar polo cumprimento das constitucións marcadas polos sínodos, actuará como xuíz eclesiástico e comportarase en todo como un pequeno bispo, dando o título canónico de párroco e nomeando arciprestes.

No caso concreto do arciprestado de Nemancos, montado sobre o antigo territorio ou commissum deste nome, o arcediago encargado do seu goberno e coordinación foi o de Trastámara, que como signo do seu estado, reforzando co exercicio do poder temporal a súa significaión e prevalencia espiritual, recibiu do arcebispo unha terra que lle proporcionase rendas e sobre a que exercese a súa xurisdicción como señor feudal, el e mailos seus sucesores. Esa terra, esa possessio, como a chama o documento, será Cee, que dende entón e ata o século XIX será xurisdicción do arcediago de Trastámara, o seu señor e xustiza, o que controlará a vida e o desenvolvemento da futura vila e dos seus habitantes. Non se debe esquecer neste aspecto, o feito de que o arcediago será de forma nata crego párroco da futura igrexa de Santa María de Cee, e que mercede a este cargo poderá controla-los seus vasalos non soamente na vida senón tamén na morte, e que este labor o estenderá a outras igrexas da zona, ben como crego -así sucedía en Lires, que co tempo se tomou anexo de Cee-, ben como patrono, sinalando o eclesiástico que desexaba como párroco dalgunhas igrexas dos arredores -San Paio de Refoxos, Santo André da Canle ou Santiago da Ameixenda.

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

 


Novas relacionadas

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

 
 

Comentarios