Sábado. 29.01.2022
El tiempo
08:30
05/12/11

A dieta da… carne

A dieta da… carne

No 2010 matáronse na provincia da Coruña máis de seis millóns de cabezas de gando para o consumo alimenticio.

O ano pasado, matáronse nos matadoiros da provincia da Coruña máis de seis millóns de cabezas de gando para o consumo alimenticio. En concreto foron: 166.611 porcos, 122.596 tenreiras, 6.568 ovellas, 4.302 polos, 1.514 coellos, 147 cabalos e 98 cabras. Unha boa parte desta carne, principalmente da carne bovina, procede das explotacións gandeiras situadas nos concellos de Santa Comba, Mazaricos ou Vimianzo.

As cifras son, cando menos, sorprendentes. Axúdannos a comprender a causa de que a carne está introducida na nosa dieta: cocido, churrasco, filetes, xamón, chourizo,… Comidas moi presentes na cociña galega. Aínda que antes de pararnos a analizalas debemos preguntarnos pola “calidade de vida” destes animais nas granxas: a súa alimentación, a distribución dos habitáculos, o espazo necesario para cada res, o estrés, o transporte, a atención sanitaria… e unha longa serie de condicións que obriga a cumprir a normativa europea sobre o benestar animal (Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio).

A lei permite empregar antibióticos para tratar as enfermidades das reses e tamén é legal o uso de hormonas para facilitar a reprodución. Pero, ¿aplícase de forma adecuada? ¿Os animais tiveron o tempo preciso para expulsar estas toxinas, medicamentos ou hormonas antes do seu sacrificio? ¿Que efectos ten para o ser humano comer carne “contaminada”? Neste sentido, pódese dicir que tanto nos matadoiros coma nas explotacións gandeiras os controis sanitarios son frecuentes e exhaustivos, aínda que é probable que non sexan os suficientes.

Novas relacionadas

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Fonte

comentarios