A forza dos Penedos de Pasarela

Os meus amigos da familia Penedos de Pasarela están de festa. Disque haberá varias xornadas de celebración na casa de dona Pena Forcada porque está feliz polo triunfo do seu amigo Antelo Pazos. Aló enriba o comentario é que estiveron empurrando para que fose alcalde unha persoa de corazón. Só pedían que fose home de sentimentos. Ata agora querían facer con eles negocio mediante a súa morte nunha canteira porque o anterior alcalde foi sempre un grande elaborador de insensatas conclusións. A verdade é que case non se lle coñece un pensamento razoable. As súas afirmacións facían rir a todos pero os votiños seguían enchendo o seu peto coas achegas de miles de paspáns das parroquias vimianzesas. Os seus votantes eran de dúas clases: a) non interesados que o votaban porque lles vendera aceite en garrafas de cinco litros pola casa; b) interesados en obter un traballiño para o fillo, sobriña ou neta.
Parecía cousa do demo ou máis ben dalgún meigallo albeiteiro de que fermoso val de Soneira estivese ancorado no medio do retraso. Un alcalde con intereses particulares no concello gaña unha e outra elección tal coma se os votantes estivesen detrás das migalliñas que se lle puidesen caer dos seus petos. Din os que saben que xamais viron un mioliño de pan polo chan. Parecía eterno ao abeiro dun gran partido que miraba para outro lado cando botaba man do seu amplo repertorio de imbecilidades varias. Houbo que expusalo cando pide o voto para outro partido logo de ter pactado durante toda a lexislatura.
Pero todos temos o noso San Martiño, uns antes e outros despois, así que agora o alcalde queda fóra do poder porque non ten con quen pactar. Non o queren nin de comparsa nin de solista. Son as cousas da vida. Haberá quen diga que Antelo Pazos non foi quen de ter maioría absoluta e haberá quen diga que o agora independiente mantivo o tipo. Non sei eu...pode ser. Agora ben, hai que dicir que o triunfo nacionalista é o resultado de anos de traballo municipal en contra dun xeito túzaro de gobernar. Non foi doado porque Vimianzo, meus amigos, non é Zas. Aquí somos conservadores das tradicións e unha delas era de ter un alcalde do gremio albeiteiro.
Non ten o futuro alcalde Antelo Pazos un camiño de rosas, non. No seo mesmo do concello hai autocompracencia, inoperancia e tamén a máis alta porcentaxe de enchufismo de toda a Costa da Morte. Hai contratados que cobran sen traballar e hai quen traballa ben que está no fío da navalla. Calquera sabe que hai excedente de persoal e que lamentablemente a casa está sen varrer. Entre os preguiseiros e nos que non a rascan estamos a falar dunhas 40 persoas. Sen botar moitas contas son medio millón de euros anuais estragados. A familia Penedos de Pasarela ofrece os seus servizos sen cobrar un peso. Eles queren axudar coa súa monumentalidade para que o concello reciba aos mellores turistas que son aqueles que falan coas nosas pedras. Os bos e xenerosos entran axiña en confianza e reciben consellos dos vellos prehistóricos. Os limpos de espírito saen sandados de calquera enfermidade cando sinten no seu interior a forza penediana. Hai un novo horizonte de ilusión para Vimianzo e xa ía sendo hora, digo eu.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Máis información
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .