sábado. 10.05.2025
El tiempo
10:36
24/11/10

Caladiña coma un peto…

Caladiña coma un peto…
… Así me mandaba estar miña nai cando de pequena lle rompía a cabeza coas miñas lerias. E así levo unha tempada porque xa non sei que decir, nin se merece a pena decir algo… Despois de todo, por onde empezar? ¿Pola visita papal? (Home, quita de aí!). ¿Polas cada vez máis brillantes declaracións de Berlusconi? (Que noxo, por favor!) ¿Polos xogos de ordenador dos creativos do PP catalán nos que “sen querer” había un chisme que disparaba contra os inmigrantes? (Que risa: sen querer!). ¿Pola situación no Sahara? (Que pena! Ou… que vergoña!) Pois mira, ante o bonito que está o panorama… non sei que será mellor: saír a berrar a desesperación ou sufrir en silencio, como se de hemorroides se tratara. Tanto programa putrefacto, tanto invitado analfabeto, tanto tertuliano ignorante, tanta famosa parásita en plantilla…que acabas agradecendo infinito que de vez en cando apareza algún escrito que actúa de bálsamo, que abre un furadiño por onde entra unha raiola de esperanza e fai agradecer ó ceo (aínda que non sexas católico practicante) ese grolo de osíxeno que che permite inflar o peito. Par min, un momento deses foi hai un par de domingos lendo unha entrevista nun xornal, onde o entrevistado recordaba unha frase de Azaña que me encantou: “Se cada un falara só do que sabe, habería un gran silencio nacional. Silencio que podería aproveitarse para estudiar”. ¿Cales poderían ser as “babosadas” daquela época se aínda non naceran os “realitixous” nin telemadrid.?
  • Isabel Tomé (isabeltome[arroba]quepasanacosta.gal).

Maruxiña dos Queixos

Currunchiños anteriores con Isabel Tomé

Novas relacionadas

Comentarios