venres. 09.05.2025
El tiempo
10:47
06/04/11

Caudillos

Se a Operación Orquesta serve para evitar que algúns caudillos campen ás súas anchas, benvida sexa. A medida que vai avanzando a investigación xudicial, sae máis lama á palestra. A imaxe que se está a dar do alcalde de Cee é a dun gobernante que adoitaba a saltar por riba de todo aquelo que lle impedía facer o que lle petaba. Coma se o Concello fose un xoguete onde ninguén podía entorpecer o desfrute por parte “do neno”. Cando menos, repito, esá é a imaxe. Se determinados funcionarios municipais, no exercicio da súa labor, poñían reparos a certas actuacións que finalmente se levaban a cabo, iso só obedece a dúas razón: ou o alcalde sabe máis de Dereito que os propios profesionais, ou tiña interés en que as cousas se fixesen de determinada maneira.

Tempo haberá a enxuiciar todos os extremos desta Operación. Por prudencia será mellor agardar a que sigan o seu rumbo as investigacións, para máis adiante puntualizar moitas das cousas que están a dicir aqueles encargados de minimizar o que está a suceder.

O que non vou é a esperar nin un só minuto para denunciar un comportamento mafioso e gansteril coma é tentar amedrentar a un medio de comunicación que desenrola a súa función de informar. Se quen se ve coa soga ao pescozo actúa deste xeito só amosa medo, desesperación e un carácter totalitario incompatible co exercicio de funcións públicas nun sistema democrático. Ese xeito de “mandar aviso” é máis propio de películas coma “Uno de los nuestros” que de alguén que ten a conciencia tranquila.

Quizáis agora comprendamos mellor a quen renuncia a recibir un premio dunhas mans así. Tanto de quen aparece en primeira liña da asociación coma de quen se agocha tras ela e mangonea títeres ao seu gusto. Personaxes que teñen coma profesión vivir dunha asociación e que nunca tiveron valentía pra poñerse fóra da trincheira.

Que se abran as fiestras e que marche o aire viciado, porque será bó para a sociedade neutralizar a quen non respeta as reglas do xogo e a quen manexa o de todos coma propio.

  • Fran Hermida (franhermida@quepasanacosta.gal).

Máis información

Entrevistas con Fran Hermida

Outros artigos Sen xeito

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios