xoves. 01.05.2025
El tiempo
08:15
07/03/15

De vacacións a Suiza

De vacacións a Suiza

“Pasaporte e permiso de tres meses”, esta é a derradeira esperanza, o último cartucho dos poucos mozos que ainda non fuxiron nesta gran diáspora que convertiu a nosa Terra nun verdadeiro deserto verdescente, hoxe, definitivamente xa sen relevo xeneracional.

Somos a segunda Palestina, coa mesma poboación que fai dous séculos e superado xa o record histórico de migración masiva, mentres, os últimos mozos que ainda quedaban, agora, van a miúdo de vacacións a Suiza, invertindo o que xa non teñen, para procurar un suposto contrato temporal que os afaste desta miseria, disfrazada de xeriátrico xigante, ó aire libre.

E o “Papárcenas” e o clan das contas ocultas nos paraísos fiscais non se tropezan cos nosos exiliados porque a CASTA debe viaxar en avións privados que, seguramente, pagarán con algunha desas famosas “tarxetas Black”.

Segundo rescate?

Sen xuventude... xa non hai nada que rescatar (aínda que a solución rima con rescatar).
Se antes de arranxar a difícil devolución desa débeda dun billón de euros que pediron, ó noso nome, para rescatarse eles, poida que soliciten agora outro segundo rescate, (posiblemente o fagan), pero non será para remediar os problemas da xente de a pé senón que o invertirán en retro-alimentar esta abundante banda organizada de larpeiros que hipotecaron o futuro incerto deste caos en vez de acubillar os nosos fillos, e netos, e sobriños... que agora van de cote de vacacións a Suiza coa esperanza de non voltar (polo menos nun par de décadas) ó seu fogar, este deserto verdescente, esta segunda Palestina, que tristemente teñen que abandonar por motivos de forza maior.

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios