mércores. 30.04.2025
El tiempo
09:28
13/10/14

Débeda viva a 31/12/2013

Débeda viva a 31/12/2013
Debeda viva dos Concellos da Costa da Morte-Fonte-Domingo Guerra No artigo deste mes, presentamos os datos máis actuais dispoñibles do endebedamento financeiro dos nosos concellos. As cifras, obtidas do Ministerio que dirixe Cristóbal Montoro, reflicten saldos pendentes de amortizar por préstamos formalizados a longo prazo. Polo tanto, non se inclúen aquí os créditos a curto prazo nin a débeda con provedores e outros acredores municipais. Ao igual que sucedía en 2012, Dumbría, Muxía e Zas son os únicos concellos que non teñen débedas con bancos. Esta situación contrasta coa de Carnota, Muros, Carballo e Ponteceso con pasivos financeiros superiores aos dous millóns de euros. A pesar de que a débeda é un instrumento que pode favorecer a equidade interxeneracional, a vixente normativa é moi esixente impedindo un endebedamento excesivo e incontrolado. Por este motivo, observamos como, no conxunto dos nosos concellos, a débeda viva total é menor respecto ao exercicio precedente. A xeneralidade dos concellos –uns máis que outros, pero absolutamente todos– reduciron o seu endebedamento, polo que pagarán menos xuros minorando, así, a carga financeira. Confiemos en que, despois de realizar este importante esforzo, os capitais obtidos non se perdan en gastos superfluos; e que impere a sensatez, destinando os aforros a investimentos produtivos. É o menos que podemos pedir.
  • Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.gal). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios