Domingo. 08.09.2024
El tiempo
20:20
04/06/15

En Laxe… os meniños escoitan cisnes

En Laxe… os meniños escoitan cisnes

Co verán, xa as portas, escomezamos o mes de xuño coa nova de que os rapaces do colexio de Baio recolleron 100 kilos de basura na praia de Soesto, acondicionando o areal, para a tan ansiada chegada dos primeiros turistas, e para que volten, polo ben de todos, debemos manter limpa a nosa costa (a toda costa) porque o sector turístico é o último bastión da nosa maltreita economía e o civismo e as novas iniciativas deben imperar e proliferar… pola conta que nos trae. Os nenos, de cando en cando, recórdanlle os adultos o que está ben e o que está mal, e a situación actual de certos paseos marítimo-fluviais, sendas, castros e outras senlleiras zonas das nosas comarcas, están en completo abandono e nun estado deplorable, visiblemente, cousa que a vista de todos causa unha fonda tristeza e a imaxen é tremendamente importante para os visitantes ocasionales nestes meses de sol e praia, fidelizalos é responsabilidade de todos e cada un de nós, sen agardar a que ninguén resolva esta papeleta tan importante para noso ben común.

O domingo 7 será Laxe o centro operativo desta limpeza xeneralizada da nosa franxa oceánica cini sinalan en La Voz e QCC.
Medre o mar!!!


Soan Cisnes en Laxe

Por outro lado, este sábado día 7 de xuño, as cinco da tarde, celebraremos o terceiro ESCOITO CISNES, desta volta na nosa vila mariñeira, na Vila de Laxe, na famosa trastenda do Panignacio Laxe, contando con Claudia Castro e un servidor, será un conta-contos semi-poético, con ledicia e música como telón de fondo, e os máis novos serán público e parte principal do acto, porque animar a lectura pode ser unha idea de futuro para que as bibliotecas, algún día, teñan xente e as nosas Casas da Cultura, algún día, albergarán actos culturais co beneplácito do noso Pobo. A longa noite de pedra está cómodamente instalada neste noroeste atlántico porque os nosos meniños fan do que ben e copian todo coma se fosen esponxas e, por desgraza, Belén Esteban e Paquirrín son as “cousas” máis culturais que poden ollar pola casa porque os libros, por aqui, causan repudio agudo e o abrir un libro asi sen máis “pode causar cegueira fulminante” e este 1,5 % de lectores cotiás non é dabondo para resolver esta migración masiva i esta taxa de paro sen precedentes que ben animada pola fobia extrema a abrir un simple libro de texto, pode parecer algo ridículo, pero é máis que sabido que as rexión máis desenroladas do mundo teñen porcentaxes do 70 ó 80 % de lectores asiduos e as rexións máis deficientes teñen analfabetismo e libro-fóbicos, e por aqui teños superávit de alérxicos ó papel. Ogallá que este tipo de actos contaxien as administracións dos nosos Concellos e no canto de teatro e circo escomecen a facer eventos literarios para animar os máis novos a que rompan con este sistema pre-establecido que tanto dano fai as nosas vilas. A responsabilidade recae integramente nos proxenitores porque as escolas só imparten as materias que bendice o gobernallo nacional ainda que outros Países europeos confían nos seus mestres e cada profe fai o que está o seu alcance para dar formación i educación nas aulas, pero, repito, o sistema educativo, aqui, non é educativo senón que hai un contido limitado que se imparte a todos os nenos por igual e a educación xa é cousa da casa de cada un ……e na casa, o pouco tempo que andan por alí os nenos, por norma xeral, a pregunta máis común é: – “E a ti… que che enseñan no colexio?” Pois… meus nenos, ante esta pregunta de vosos pais deberiades respostar… – O da miña educación, polo momento, é cousa vosa, no colexio só damos materias, exercicios e algunha excursión… e nada máis. Cando un neno nace nunha casa chea de libros onde todos aman a lectura, por empatía, acaban copiando os maiores e acaban xogando coas letras e leen polo mero placer de saber algo máis, como debe ser!!!!

Amigos, veciños, lectores, vou revelar aqui un gran segredo… os libros, se lles levantas a tapa… non explotan.


  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios