venres. 09.05.2025
El tiempo
22:49
03/04/11

Facebook, Privacidade e Consellos

Facebook, Privacidade e Consellos

Xa escribira fai uns meses sobre o tema da privacidade en Facebook, pero esta rede social non para de medrar, non só en cambios, senón tamén en número de aplicacións que acceden a nosa información, información que as veces non imaxinamos canto pode chegar a estar esposta. 

Con este pequeno artigo, pretendo achegarvos uns poucos consellos que vos axuden a ter un pouco mais controlado o voso, aínda que privado, espazo na rede. É unha información moi importante a ter en conta, sobre todo se non somos conscientes de ata que punto os nosos datos están espostos. 

ORGANIZA OS TEUS AMIGOS EN LISTAS

Todos os teus amigos no Facebook teñen predeterminadamente total acceso a todo o que publicas; e  para Facebook todos son tratados de igual maneira; pero pode darse a casualidade de que teñas información que non desexas compartir con todos eles. Un exemplo.. sales de festa, unha noite tola.. sácanche algunha foto medio comprometida e etiquetanche no Facebook (Di que sí.. a ti, que me estás leendo, tenche pasado, seguro!) e claro.. non che gustaría que esa foto a visen os teus familiares/compañeiros de traballo, solo os teus amigos mais achegados... 

Como facelo? O primeiropaso é creando unha lista con eses amigos, para crear listas tes que ir a: http://www.facebook.com/friends/edit/.

Agora, cada vez que crees un álbum ou fagas unha publicación, aparecerache un candadiño no que podes elixir con quen compartir esa información (Todos/Amigos de Amigos/Amigos/Lista Persoalizada), no caso de non elixir nada usaranse os valores globais, que por defecto será: Só Amigos.

No caso das fotos etiquetadas pasamos o seguinte punto.. 

¿TES MEDO A QUE CHE ETIQUETEN?

 

Non sei vós.. eu si! Isto de ter nais tan metidas no século XXI pode darnos algunha que outra sorpresa a hora de comer un Domingo. Como controlalo? Ben, para indicar quen pode, ou non, ver as nosas fotos etiquetadas temos que ir o seguinte menú: Conta>>Configuración de privacidade>>Persoalizar Axustes>>Fotos e vídeos nos que estón etiquetado>>Modificar Axustes.

Aí podedes elixir, ou ben que solo vos podedes velas, ou elixir algunha das vosas listas. 

  • OLLO: A nova versión do Facebook mostra un mosaico de fotos na túa páxina principal, en concreto as fotos nas que estas etiquetado, o restrinxir esa opción ese mosaico desaparecerá ou ben mostrará as túas "Fotos do Taboleiro" si é que algún día subiches algunha. 

 


PERSOALIZA OUTROS AXUSTES

No mesmo menú o que fomos anteriormente podemos persoalizar outros tantos axustes, o normal e deixar o rIsto en Só Amigos para que xente de fora da túa rede non poda ver nin a túa dirección de email nin outro dato relacionado contigo. A non ser que por algunha razón non queirades que os vosos propios amigos podan ver algunha das informacións que se mostran neste apartado, de ser así solo tedes que proceder a configuralo como nos apartados anteriores. 

CONTROLA QUEN CHE PODE ATOPAR NO FACEBOOK

Eu Isto é das cousas que non tocaría, pero si por algunha razón queredes que alguén non vos atope cando buscan polo voso nome no Facebook, ou que non vos podan enviar peticións de amistade ou mensaxes, tamén podedes restrinxilo dende Conta>>Configuración de privacidade>>Conexións no Facebook.

 
 


RESTRINXE A TÚA INFORMACIÓN NAS APLICACIÓNS QUE UTILIZAS

Cada vez que te propós a xogar a un xogo no Facebook ou a probar unha de esas aplicacións de realizar test cos amigos etc esas aplicacións sempre che piden permiso para acceder a toda a túa información. Isto de primeiras non ten nada de malo, xa que a propia aplicación utiliza esta información para poder funcionar. Pero hai veces que por exemplo utilizan o noso correo electrónico para enviarnos publicidade, ou os nosos datos con calquer outro propósito que descoñecemos.
Polo tanto, si xa terminaches de utilizar unha determinada aplicación e estas seguro de que non a vas a volver a utilizar no futuro, o mais recomendable é eliminala. Para acceder a esta opción debes ir a  Conta>>Configuración de privacidade>>Aplicacións e sitios web.

 

Pero máis preocupante que Isto é que a información que compartes cos teus amigos tamén a estas compartindo coas aplicacións que utilizan os teus amigos! Algo que de primeiras non tería que estar pasando, pero por sorte, tamén o podemos restrinxir na mesma páxina de antes, no apartado "Información accesible a través dos teus amigos" 

DESHABILITAR BÚSQUEDAS PÚBLICAS

Cando alguén utiliza o buscador Google, por exemplo, para buscar un determinado nome, si ese nome ten unha conta en Facebook unha das primeiras cousas que aparecerá será unha previsúalización do teu perfil, indicando os teus amigos e a posibilidade de rexistrarse en Facebook a esa persoa. Para deshabilitar esa función teríamos que ir de novo a  Conta>>Configuración de privacidade>>Aplicacións e sitios web e no apartado "Buscas Públicas" restrinxilo.

A PRIVACIDADE DOS TEUS COMENTARIOS

Non sei si vos percatástedes pero dende fai un tempo no voso taboleiro queda plasmado calquer cousa que escrías no taboleiro/imaxes dos teus amigos. Isto é un fallo de privacidad bastante grave dado que unha persoa que che ten como amigo a ti, pero non ten como amigo a persoa a que lle escribes, pode ler igualmente a vosa conversación pública. Incriblemente Facebook, de momento, non ten ningunha opción de privacidade que restrinxa Isto, polo que tendes que borrar, no caso que o consideredes oportuno, os comentarios 1 a 1, do voso taboleiro.

Isto ó meu parecer é un fallo de privacidade moi grave, do cal quero supoñer que tarde ou temprano contará coa súa respectiva opción para deshabilitar. 

OUTROS CONSELLOS  

Xa deixando de lado o tema da privacidade hai algúns consellos que quizás che axuden: 

  • APLICACIONS MOLESTAS: Seguro que estarás farto a veces de recibir peticións para xogos ou de recibir no teu muro respostas de Test ou simples mensaxes de aplicacións que utilizan os teus amigos. Algunhas en forma de publicidade como por exemplo "Checá este video, es rebueno!" o cal pensas.. non, esta mensaxe que parece escrita por Manolo segurísimo que non a escribiu él. Como en todo, tamén no Facebook, a posibilidade de crear aplicacións por terceiros abriu un amplo abanico de posibilidades para facer Spam e nós somos os que temos que cargar con eso, pero tamén temos unha solución: Cando vexas algunha mensaxe de este tipo ou algunha invitación por decimoitava vez a un xogo, só tes que deslizar o cursor por encima de esa publicación e aparecera unha "X" na esquina superior dereita, Aí poderemos elixir a opción "Márcao como non desexado" e xa non nos volverá a molestar nunca mais. No caso hipotético de que queramos volver a permitir a esa aplicación interactúar con nós so teríamos que ir a Conta>>Configuración de privacidade>>Listas de Bloqueados.
  •  
  • SATURACIÓN DE CORREOS: Antes estaba ben que Facebook che enviara correos con notificións, posto que non todas as accións sobre a túa conta che aparecían modificadas na propia páxina, hoxe en día todas as notificacións che aparecen na propia paxina, polo que esta opción o único que fai é encher a túa bandexa de entrada. Para deshabilitar que mensaxes queres que che mande, e cales non, só tes que ir a Conta>>Configuración da Conta>>Avisos.
  • <NON CAIAS NOS ENGANOS: Dende que existe a internet sempre pulularon cadeas de mensaxes explicando que un determinado servizo gratuíto ía a pasar a ser de pago, e senón facías “X” cousa terías que empezar a pagar por él ou ben borraríase. Tivo o seu auxe na época do MSN Messenger co famoso “Hola, nosotros somos Andy y John, los directores de Messenger. Antes que nada, pedimos perdón por la interrupción pero Messenger se cerrara” e así un sinfín de veces… agora tamén pasa co Facebook, polo tanto recordade, todo o que escoitedes de que Facebook vai a pasar a ser de pago ou de que cerrará será mentira, sempre. De feito, é un pouco raro que che poñan como condición para que te salves que o pegues esa mensaxe no teu estado, ¿non? 

Outro engano moi común é o de “Si quieres saber quien visita tu perfil entra en..”, ningunha aplicación de terceros podería ter acceso a esa información, este é outro timo moi frecuente que tamén leva anos engañando por internet e cuio obxetivo principal é recadar as contraseñas dos correos das persoas que caen na trampa ou como no caso do Facebook que te fagas seareiro de unha páxina e agregues o maior número de persoas posible.. (unha tontería). 

Facebook é unha ferramenta a que se lle pode sacar moitísima utilidade hoxe en día, unha forma magnifica de complementar as relacións sociais e estar en contacto. Pero como todo, hai que controlar os nosos pasos, quizais non todo o mundo utilice o Facebook para o mesmo que nós e por eso nunca está de mais tomar algunha precaución a hora de utilizar esta tremenda ferramenta. Pola miña parte espero que lle poidades sacar partido a esta mini guía e supoño, que dentro de pouco haberá que facer unha actúalización.. porque xa se sabe, as novas tecnoloxías non corren… voian!

  • Mario Rodríguez Gómez. mariorodiguez@quepasanacosta.gal).

Novas relacionadas

Artigos anteriores en Ciencia e Tecnoloxía

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios