Forza Elba!
Dona Diáspora ten unha amiga en Bos Aires que coñeceu nos tempos do primeiro mandato do noiés Sánchez Millares no Centro Galego de Bos Aires. A amiga porteña é unha filla de galegos fondamente orgullosa e agradecida aos seus pais ourensáns que a educaron no amor a Galicia.
É unha muller moi activa que leva décadas afiliada a un partido político no que tramitou a alta en Santiago de Compostela xa que daquela aínda non se creara ningunha agrupación ou delegación no Río da Prata. A súa longa traxectoria empresarial non a fixo millonaria pero non se queixa xa que está satisfeita de cumprir os seus compromisos e non ter débedas pendentes.
Se hoxe ocupa un cargo importante dentro da agrupación local do seu partido non é por interese nin por ambición persoal senón porque alguén ten que “cinchar y laburar” segundo o manifesta a quen lle pregunte. Neste momentos está sendo o branco de fortes críticas desde un grupiño de antigos compañeiros que andan en liortas divisionistas porque din foron menosprezados e marxinados polos dirixentes nacionais do partido.
Unha das críticas máis repetidas é curiosamente algo do que antes se aproveitaban os agora escindidos. Nunha nota de prensa contra de Elba ---que así se chama a nosa filla da emigración--- criticaban que estivese sempre gabándose da súa estreita relación de amistade co presidente Núñez Feijóo. Os que antes, cando ela falaba polo móbil co presidente lle decían “mandále saludos míos”, semella que rabechan cal nenos celosos e enfurruñados porque ela ten fío directo co presidente de Galicia.
A envexa non é boa compañeira de ninguén e menos cando envelena aos membros dun grupo político que escolleu libremente ir no mesmo barco. Hai moitos anos que Elba goza da confianza e do agarimo do presidente da Xunta. Os que saben din que é así porque Elba nunca pide nada para ella. Actúa sempre de fronte e sen reviravoltas. O seu estilo non é o de andar agachando ou manobrando por detrás. Dentro dos seus obxectivos non está rexistrada a palabra “pesos”. Coñecéndoa, enténdese que sexa criticada xa que por desgracia na política abondan os que só van detrás dos cartiños.
Dona Diáspora quere aproveitar a súa xenerosidade para pedirlle un favor. Sabemos que o presidente da Xunta estará en Bos Aires dentro duns días nunha viaxe centrada no incentivo das relacións comerciais e empresariais de Arxentina e Galicia. Trátase de aproveitar a viaxe pedíndolle a Elba que teña a ben acompañar ao presidente ata a esquina de Belgrano e Pasco para que coñeza a actual presidenta do Centro Galego de Bos Aires.
Se Elba acepta a petición, ao ir no coche desde o aeroporto de Ezeiza comentará algo así: “Mirá, querido Alberto, ahora en el Centro Gallego tenemos a una mujer en el timón. Es hija de gallegos lucenses y vos sabés que las hijas de los emigrantes somos bravas. Si nos ponemos sacamos adelante lo que sea. Tenés que conocer a Marta. Por favor, charlá un rato con ella. Estoy convencida de que enseguida comprobarás que es una persona muy responsable que merece recibir todo el apoyo posible de la Xunta de Galicia”.
Cando o presidente remate o seu encontro coa presidenta Donsión Vila [o pai era de Silleda e nai de Pobra do Brollón] ao entrar no coche escoitará unha voz femenina cantando un tango en galego. Sorprendido preguntará quen canta ao que Elba responderá: “¿No la conocés? Es nuestra nieta tanguera de Lalín, Graciela Pereira, en una grabación titulada “Nas beiras do Prata”. Es un disco imprescindible en nuestros hogares galaico-rioplatenses que fue editado por Política Lingüística en el año 1999 con un hermoso texto de presentación del doctor Pérez Prado”.
Despois irán pola avenida Belgrano e como xa é a hora de xantar: “Acá en Buenos Aires, mando yo. Dejáme que te invite a almorzar en un lugar muy especial donde sirven unas estupendas pastas frescas hechas por manos gallegas. Te conozco, Alberto. Vos sos de poco morfe, pero te va a encantar el sabor de la masa que elaboran en “La Juvenil”. La familia Bermúdez-Lavandeira usa la harina más cara del mercado que es la que sale de moler el más selecto trigo del fértil campo argentino. Además ---sin pagar un mango más--- disfrutarás de las pinturas murales que pintó Colmeiro en la cúpula central de las Galerías Pacífico en 1946”.
O presidente centra a súa mirada no teito cheo de pinturas ao tempo que escoita: “Mirá, es una belleza y pensar que antes fue una gris estación de ferrocarril. Fijáte en aquellos dos campesinos de la luneta. Yo no entiendo nada de pintura pero me recuerdan el bellísimo mural de la iglesia parroquial de San Pedro de Xurenzás, en Boborás. Allí recibió mi padre recibió el bautizo ---Dios lo tenga en la gloria--- antes de que lo llevaran a las tierras estradenses. Creo sinceramente, Alberto, que son el mejor homenaje posible a nuestra querida madre Galicia en Buenos Aires”. O presidente da Xunta comenta: “Certamente, prezada Elba, estou convencido de que nesta fermosa terra arxentina os emigrantes galegos nunca foron estranxeiros”.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).