Sábado. 02.11.2024
El tiempo
11:06
05/12/12

Guerra de prezos. A verdadeira historia dos produtos promocionais

Guerra de prezos. A verdadeira historia dos produtos promocionais

Ahora que todos estamos pensando en aforrar nas compras de Nadalé o momento de ver o que se esconde detrás das ofertas promocionais. As veces deixámonos levar polas ofertas sen pararnos un momento a pensar o que realmente estamos comprando e ao prezo que o estamos comprando. Como dí a canción de Aerolíneas Federales, "non todo é o que parece amigo, hai que pensalo moi ben, as veces metes a pata tio e todo sae ao revés".

Pack familiar

Guerra-de-prezos-no-super-Pack-Familiar

Unha das percepcións máis frecuentes por parte dos consumidores é o feito de pensar que cando compra un producto nun pack familiar ou un formato familiar está aforrando diñeiro. Ollo porque pack familiar non significa pack aforro.

Paga 3 e leva 4 (4x3)

Guerra-de-prezos-no-super-Pack-Aforro

É frecuente pensar que nesta promoción hai un desconto dun 33%, cando en realidade se cada produto costa 20 € estás pagando 60€ en vez de 80€, polo que o desconto é do 25%. Este tipo de promoción soese empregar para darlle saída a productos que non teñen unha alta rotación. Probablemente a última das unidades non a necesites nun plazo curto de tempo, ou incluso se chegue a estropear, polo que ao mellor nunca a necesitarías comprar. Sen embargo, o fabricante conseguiu vender 3 unidades dun tirón regalando unha unidade (a cuarta) que probablemente non ía vender ao mesmo consumidor.

Outro produto gratis

Hai veces que compramos un produto e que nos "regalan" outro do mesmo fabricante ou que é de uso complementario. Por exemplo un acondicionador con un champú ou un refresco cunha bebida alcohólica. Nestes casos os compradores non nos paramos a comparar precios doutros productos similaresporque pensamos que esta opción é a que máis compensa e levámonos o pack sen pensar no valor real do que estamos comprando.

Artigos en Marketing de andar por casa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios