Kafka
Lía este xoves en twitter a alguén que dicía “En realidad, España es una especie de Gran Hermano que se esta emitiendo en el espacio exterior. Están viendo cuanto aguantamos antes de matarnos”.
E non podo estar máis de acordo.
Que algo cheiraba a podre no PP algúns o viñamos dicindo dende hai anos (e outros dende hai décadas). Non é nada novo, o novo é ver as probas físicas de que o que diciamos era certo. Rajoy, De Cospedal, Trillo, Aceves, Arenas, Cascos, Aznar. Todos cobraron. Así o afirma o xornal El País e, aínda que a redacción desta columna o ignoro, supoño que hoxe venres o xornal publicará máis novidades.
“Negativa que no niega” afirman que manifestou Ben Bradlee cando recibiu o primeiro comunicado da Casa Branca que negaba todas cantas afirmacións se facían no xornal que por aquel entón dirixía, o Washington Post, o respecto do que logo se coñecería coma Watergate. Negativa que non nega.
O PP afirma sen inmutarse que todo o que cifran e detallan os “Papeis de Bárcenas” que publica El País é falso. O segundo seguinte, a mesma que di isto recoñece que, coma el mesmo afirmou, tal vez o presidente do senado, Pio García Escudero, si cobrou os cartos que figuran nesa contabilidade “pero en forma de préstamo que luego devolvio”. A ver María, ou si ou sopas. Ou é ou non é. Si o que din os papeis é falso é todo falso. Se isto é certo, tamén debe selo que ti e Mariano cobrachedes. Declaráchelo? Onde? A quen? A Facenda?, Cando? Como?
Mirade, vouvos dicir unha cousa. Non creo que o PP estea todo podre. Si, non o creo. Non se trata de ningún “envainamento”, tranquis. Creo nas persoas e o PP é enorme. Imposible a unanimidade.
Creo que Genova está podre. Creo que Mariano, Cospedal, Trillo, Aceves, Arenas, Cascos, Aznar... están podres. Podres de cartos e ebrios de poder. Manter ese estilo de vida, convites, festas, vacacións a todo trapo en Marbella (non como as miñas, a pe de chiringuito e cañas a 1,20€). Demasiado caro ata para un empresario dos potentes. O soldo de deputado non chega a nada, vaia por Dios. “Faime falla mais Luis” dicían todos. E Luís proveu, faltaría.
25.200€ o ano en dous pagos semestrais, segundo reflicte a información. Once anos seguidos. Declarounos Mariano?. Non o sei, porque as declaracións da renda dos señores deputados non se fan publicas. Eles declaran diante do congreso o seu patrimonio, e nada mais. Nada de declarar ingresos, salarios, vendas, rendas. Non. Patrimonio. Só iso.
Mariano, quero ver a túa declaración da renda. Non che creo unha palabra, es un mentireiro contumaz, un “falabarato”. Un embusteiro. Mentíchesme a min e a todos, ata os teus acólitos, os teus fregreses teimudos e abarregados. Ata a eles lles mentiches.
Cando lin “A Metamorfose” de Kafka tiña 16 anos e quedei confuso. Un cristo, para entendernos. Samsa esperta feito un bicho que nunca se sabe moi ben o que é. E a partires de aí todo empeza a carecer de sentido. Como aquí.
Un día espertamos e o soño dun futuro en paz esvaeceu. O país vaise o traste porque confiamos. Tiñamos todos tantas gañas de non ter que chegar as mans esta vez, de non ter que facernos valer a hostias, coma sempre. E, coma sempre, non puido ser. Acabouse a pirueta. O circo de tres pistas chegou a cidade e todo é ilusión. A democracia é ilusión. Un soño, un pesadelo. Un drama kafkiano.
Mentres, o PP tira da corda, a ver ata onde dá. Primeiro lexitimaron os pequenos defraudadores, os que fixeron autentico heroes. Roubas os bancos (o estado) para quedar cos cartos, ou darllos o panadeiro, ou o leiteiro, ou o carniceiro. Os gastan aquí, non en bankia.
Agora, lograrán que o primeiro deshauciado que decida, en plena enaxenación mental, abrirlle a cabeza a un deles a saída do congreso sexa outro mártir. Porque, se nin sequera eles respectan o pactado, se nin sequera eles son quen de manter as mans quedas nos petos e non roubar, non mentir, non atrapallalo todo de merda e lixo...Por que eu, ti, el, debéramos respectar o quinto mandamento?
Un día alguén, entre a espada e a parede, decidirá que é mellor morrer matando. E eu, a lo menos, entenderei por que.
Goberno dimisión. Rajoy dimisión. Eleccións anticipadas. Pásao.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Verdades
- Opcións.
- Agora que todo comeza.
- A fuxida.
- Debates Bizantinos.
- Cheiro a fuel.
- Unidades.
- Glass-Steagall.
- Nós.
- Cortalumes.
- A Débeda.
- A maioría silenciosa.
- 21O.
- Persoas.
- Estado policial.
- Cans.
- Liderado.
- O Mal Goberno.
- 25 anos despois.
- BCE.
- Dez cousas que non teñen xeito.
- As liñas vermellas.
- Grandes Penalidades.
- Sete centímetros.
- E agora que?.
- Mediocres.
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).