sábado. 10.05.2025
El tiempo
08:30
13/12/10

Limpando conciencias

Limpando conciencias
Todos caemos no mesmo, e todos criticamos os actos propios de estas datas, que ademais de ser moi melancólicas son un gran invento mercantil. Se ben o Nadal supón unha festividade cristián, é sabido por todos o trasfondo comercial que garda esta época, e que vai ligado sempre de calquera relixión. No mes de decembro, as persoas deixamos que o espírito melancólico nos acompañe, aínda cando iso supoña que nos abandone o sentido da responsabilidade económica. De todos xeitos entendemos que é o momento propicio para despoxarnos das prensións materialistas, porque os valores culturais obrigan a que compartamos cos nosos pares, e lembremos que, malia a nosas circunstancias, sempre hai alguén que está peor. Entón accedemos a facer donativos, aportamos alimentos as cestas solidarias, e mercamos produtos cos que a súa vez, axudamos aos países do terceiro mundo. Realizamos dous ou tres actos, que nos fan sorrir, que nos fan regresar á casa, cun bo regalo para o parente, e coa conciencia tranquila de ter feito o acto solidario do ano. Porque iso é… O ACTO SOLIDARIO DO ANO, sabendo que pasado Reis, xa non soltaremos nin os elementos inservibles que gardamos na casa, porque dubidaremos de si realmente chegarán ao seu destino. En Nadal, confiamos plenamente de que o aportado chegará as mans debidas, pero o resto de ano, dubidamos ata das ONG’s máis fiables desculpándonos na súa falta de credibilidade. No Nadal límpanse as conciencias que se lixan todo o ano, ou polo menos iso se pensa, cúmprese co valor cristián de axudar aos pobres, pero en xaneiro, “todos temos falta de algo”. Os organismos non gubernamentais traballan os doce meses, para axudar aos esquecidos polas administracións e por nos mesmos, polo que precisan a colaboración constante de persoas solidarias. Está moi ben botar unha man, aínda que esta sexa pequena, pero non nos esquezamos que os necesitados tamén precisan comer máis dunha noite ao ano.
  • Susana Alvite (susanaalvite[arroba]quepasanacosta.gal).

Soliloquios anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).

Comentarios