sábado. 10.05.2025
El tiempo
00:13
15/11/10

Non é sen tempo

Non é sen tempo

Este domingo La Voz de Galicia publicaba o anuncio da “recta final” do novo protocolo de actuación en caso de catástrofes, como as do Prestige. Oito anos despois de producirse un dos maiores desastres ecolóxicos e marítimos do país, este anuncio máis que despexar dubidas presenta moitas interrogantes.

¿Por qué tardaron tanto as autoridades políticas en sacar adiante un documento que, como mínimo, debería ter carácter de urxencia?

Chama a atención a calma coa que se fan os deberes, e o máis reprochable é que só nos lembramos da carencia dunha reforma no Plan Nacional de Contigencias por Contaminación Marítima cando se suman os aniversarios de catástrofes tan transcendentes como a de hai 8 anos na Costa da Morte.

O atraso no novo protocolo de actuación supón que dende o 2002 (Pretige) ata a actualidade posiblemente se cometerían os mesmos erros que os que se produciron daquela. Xa que aínda continúa en vixencia o Plan que se aprobara en 2001, e que tantos problemas causou á hora de decidir qué facer co petroleiro que ameazaba causar incuantificables danos. Un sistema que se basea nunha “orde comunicada” e que delegaba a responsabilidade máxima na “autoridade marítima”. Un feito que produciu moitas lagoas á hora de actuar, xa que moitos políticos se consideran “autoridades marítimas”.

O Novo Sistema Nacional de Resposta, o protocolo que entrará, supostamente, en vigor a partires do verán de 2011, delega a máxima responsabilidade na Dirección Xeral da Marína Mercante, que poderá decidir se acoller a un buque nun lugar de refuxio, saltando por riba, incluso ao ministro de Fomento. Aínda que este último pode cesar ao primeiro e tomar definitivamente as decisións. Isto supón un punto claro fronte ao que non se contempla ata agora, e tamén se lle dará ao Novo Sistema Nacional de Respostas carácter de Real Decreto. Xa sabemos que “las cosas de palacio van despacio” Pero, tanto?

Mentres non estra en vigor o novo protocolo, crucemos os dedos para que non se produza un novo accidente do que nos teñamos que lamentar. Confiemos en que non se repita o do ano 2002, porque aínda que hoxe estamos máis preparados que en 2001, as condicións xa non son as mesmas que en 2009. Se a falta de protocolo se lle suma, a redución de postos de traballo nos buques de Salvamento Marítimo, a incredulidade é máxima.

Benvido sexa o Novo Sistema Nacional de Resposta, chegue cando chegue, que non o fará sen tempo.

  • Susana Alvite (susanaalvite[arroba]quepasanacosta.gal).

Soliloquios anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).

Comentarios