O bergantín Ciscar
No ano 1916, metidos de cheo a maioría dos países europeos na I Guerra Mundial, España capeaba como podía unha difícil neutralidade.
Moitos navíos de Muros a proveitaban as necesidades do Reino Unido de materias primas para facer ruta con cargamentos de madeira para as Illas Británicas, pero máis de un atopouse no seu camiño cos submarinos alemáns que intentaban bloquear a chegada de mercadorías aos portos inimigos.
O bergantín Ciscar (800 Tm.). saíra do porto de Muros o día 20 de abril do ano 1916 con destino o porto inglés de Cardiff. cun cargamento de madeira de pino que tiña alixado días antes no porto do Freixo. Pero tan só 6 días despois entraba de volta en Muros, e sen ningunha carga nas súas adegas!
Os tripulantes do ciscar contaron que as 6 da madrugada do día 23, a unhas 150 millas da costa galega , foi detido polo submarino alemán U19 o mando do comandante Raimund Weisbach. Inmediatamente o patrón do Ciscar que era D. Manuel Seoane Lago, embarcou nun bote coa documentación e dirixiuse o submarino, apremiado polo comandante deste último. O militar alemán, logo de examinar os papeis comunicoulle que non ía poder seguir ruta con esa carga , pois estaba considerada contrabando
absoluto de guerra e que ía a proceder a afundir o Ciscar.
Logo de moitos rogos por parte do patrón do bergantín e confirmando o comandante alemán que os galegos tan so posuían un bote, e que este se atopaba en condicións deplorables, accedeu a que os tripulantes do Ciscar guindasen pola borda a súa carga de madeira de pino e puxesen rumbo a continuación de volta para Muros. Os Alemáns estiveron controlando dende as inmediacións como se cumpría a súa orde de tirar a carga, para logo de terminada a operación somerxerse desaparecendo entre as augas.
Outras andanzas do comandante Weisbach

Raimund Weisbach en 1915 atopábase a bordo do submarino U 20 como oficial torpedeiro ao mando do comandante Walther Schwieger. O 7 de maio dese ano torpedearon e afundiron ao buque de pasaxe "Lusitania" da Cunard Line.
Foi o propio Weisbach o encargado de lanzar o torpedo que produciría o afundimento do luxoso transatlántico e a morte de 1198 persoas entre pasaxeiros e tripulantes (tan so houbo 200 superviventes).
Raimund Weisbach de volta en Alemaña, foi galardoado coa Cruz de Hierro de 1ª clase.
As andazas de Weibach a bordo dos submarinos remataron o 1 de maio de 1917 cando o submarino británico E54 torpedeou ao U 81 que neses momentos estaba o mando do oficial alemán. 24 tripulantes morreron no naufraxio e salváronse soamente 5 entre eles Weisbach que foi internado nun campo de prisioneiros de guerra en Gran Bretaña ata o final da contenda.
Máis información
>Aquí podedes ler, en inglés, parte das andanzas do comandante alemán, Raimund Weisbach.
* A imaxe que acompaña ao artigo é do comandante do submarino alemán Raimund Weisbach, comandante do U19 (16 Sep, 1886 Breslau -16 Jun, 1970 Hamburgo).
- Manuel M. Caamaño (Homes de Pedra en barcos de pau).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".