Venres. 30.09.2022
El tiempo
08:55
17/10/12

O decantador

Un bo Decantador é fundamental para aparentar que sabes de viños

Perdoade polo retraso neste capítulo deste "Coma aparentar que sei de viños, ainda que non teña nin idea", pero coas chuvias de outono un se refuxia na casa, e xa ten máis tempo para sentarse a escribir.

Quedaramos aí atras na temperatura de servicio do viño, nas copas, na conservación dos caldos na nosa casa e tamén tocamos o tema das rollas e de como abrir unha botella. Bueno, pois hoxe imos falar de como preparar unha botella para bebela, aparentando que somos unos enófilos diplomados.

O primeiro que hai que facer, e repasar o artigo anterior, posto que aí temos xa todo o necesario sobre a temperatura de servicio. O máis importante é, sobretodo, que os viños non hai que quentalos nin enfrialos de golpe; ten que ser sempre un proceso gradual. Hai que ter sempre algunha botella lista para ser consumida, na nevera, ou fora dela, e no caso de poder preveer unha visita diante da que demostrar as nosas artes de excelso vinateiro ter todo preparado de vispera.

Este proceso é esencial canta máis crianza teña o viño, ou máis tempo leve embotellado. Un viño de ano non ten evolucións prácticamente dende que se descorcha a botella ata que se consume, se ben, romper o viño na copa e darlle uns minutiños, sempre vai facer que os aromas esperten, (si é que o viño os ten, que ás veces xa lle podes dar cun desfibrilador, que aí non desperta nada) e tamén pode facer que certos aromas malos, coma os de redución, de restos de fermentacións malolácticas ou de aromas de sulfitos (de que demos é isto falaremos máis adiante...) se dispersen, se moderen, ou mesmo desaparezan. Hai certos cheiros coma o de picado ou desquebrado que xa podes ter a botella aberta un mes que lonxe de irse, se agravan.

Certos viños non son filtrados e veñen con restos de pouso na botella; sobretodo nos tintos. Estes viños con evolucións xeralmente positivas en botella deben de gardarse tumbados dentro da nosa vinoteca (queda moitísimo máis fino que decir "a miña bodega". Calquera outra denominación estáría totalmente fora de lugar) co viño en contacto coa rolla para que este respire i evolucione correctamente. Unha vez que decidamos que o imos a consumir, hai que poñelo con cuidadiño en posición vertical polo menos 24 horas antes do seu consumo, non debemos de ter reparos en comentarlle ós nosos invitados todo este proceso, se non fardar con naturalidad de que coñecemos todo o proceso e protocolo de consumo dun viño como dios manda; iso si, sen apabullalo... Procederemos a descorchar con muito cuidadiño a botella, para que as borras non se movan, e se o viño é un reserva con anos embotellado, polo menos unha horiña antes do seu consumo e con muito cuidado de deixar os borras no hombreiro da botella o deixaremos caer dentro dun decantador. Se este proceso o realizas cunha vela encendida detras da botella, para poder ver a través do viño que as borras non se caigan dentro do decantador, escribirán loas sobre ti os cronistas e serás respetado e alabado en todos aqueles locales de venta de viño da túa comarca. Ou tamén te poden poñer de "pijo" para arriba.

Eu este proceso o fago normalmente antes de comer, abro a botella, decanto o viño, e logo o deixo alí a respirar mentras tomamos un aperitivo, ou o primeiro plato con viños máis xoves que non necesitan este tempo de decantación. Calcula para darlles como mínimo unha hora.

Ó 90% por cento, que digo... ó 99% por cento dos viños que consumimos non lle fai falta ningunha o decantador, aínda que mal tampouco lle vai facer; e ademais, se o compramos temos que darlle uso por máis que logo lavalo sexa compicado debido a ese pescozo estreito polo que non te pasa a man. De feito, poucos gadchets son tan elegantes e tan aparentes coma un decantador; se trata dun obxeto esencial para o que quere aparentar saber de viños. Se o usas, nada máis rematado o viño, pasalle un auga porque logo on hai maneira de sacar os restos de viño tinto do fondo. Eu en vez de decantador, cando non teño visitas diante das que aparentar que sei de viño, aínda que non teña nin idea, teño unha xarriña de cristal, coa súa boca ancha pola que me pasa a man para logo lavala como dios manda. Iso sí, negarei sempre que uso esa xarra, mesmo diante dun xuíz.

Resumindo, e para que pareza que sabes de viño, aínda que non teñas nin idea:

  • Segundo o viño que vaiades consumir, teno listo á temperatura adecuada para o seu consumo de vispera.
  • Os viños dos que se vexa que teñen borras, ou que sepas que non foran filtrados, cómpre colocalos en posición vertical 24 horas antes do seu consumo.
  • A todos os viños lles ven ben esperar un pouquiño antes de ser conmidos. Mal non lle vai vir.
  • Canto máis antiga sexa a colleita, máis tempo vai necesitar o viño para ser conumido dende que foi aberto para darnos o mellor del.
  • Abre antes de comer estes viños, vacía a botella nun decantador, e consume mentras tanto outros viños máis xoves co primeiro plato.
  • Calcula un tempo mínimo de unha hora dende que o deitas no decantador ata que o consumes.
  • A vela é para ver as borras a traves do viño, non para quentalo, non toques coa chama a botella, menuda barbaridad...!!
  • Pásalle un auga nada máis acabar de usalo, se non,s e te esqueces, lavalo pode ser moi complicado.

Artigos de Quique Portela en Parece que sei de viños

Fonte

comentarios