venres. 09.05.2025
El tiempo
12:00
23/04/11

O Naufraxio do Larache

O Naufraxio do Larache

A voz de alarma percorreu a parroquia Muradá de Louro como se fose un lóstrego.

- Hai un barco embarrancado en Ximiela!-

E ducias de veciños correron até o faro de Monte Louro para tratar de ver o que acontecía.

Tan só os primeiros en chegar puideron ollar aló no horizonte cara oeste e entre a bruma, a silueta de un gran navío que se afundía entre as ondas e a escuma .

Os que chegaron máis tarde só puideron escoitar das bocas dos primeiros o relato de como o barco, a iso das catro da tarde, se afundía entre toques de buguina e rocións de escuma. Algún que eran mariñeiros contaban que o barco parecía haber tocado no baixío de Ximiela, e cara aló se dirixían as miradas de todos para tentar ver algún bote que puidese ter algún supervivente. Pero tan só se vían unhas poucas velas duns balandros que parecían estar acercándose ao lugar da traxedia.

Era o día de San Xoán o 24 de xuño do 1908, e o que puideron ver os veciños de Louro dende o faro, foi o embarrancamento e posterior afundimento do Vapor correo “Larache” en Ximiela , que se levou con el para o fondo mariño as vidas de 91 persoas entre pasaxeiros e tripulantes.

O Larache era un correo mixto de carga e pasaxe con bandeira española. Era un deses buques que por aqueles anos denominábanse lanzadeiras, pois soia facer a ruta dende o norte da península ata Cádiz , con emigrantes que se dirixían ao porto andaluz coa finalidade de embarcar nalgún gran transatlántico que os levase a tentar fortuna no “novo mundo”.

Fora construído no ano 1872 co nome de “José Baró”, tiña 80 metros de eslora e 7 de manga e pertencía á Compañía Transatlántica Española.

Posuía o Larache 22 camarotes de primeira clase 10 de segunda e 310 de terceira. No seu ultimo viaxe tan só levaba 151 persoas a bordo, 106 de pasaxe e 45 de tripulación.

Facía a ruta entre Vigo e A Coruña e inexplicablemente foi bater nos baixíos de Ximiela que están a pouco máis de 3 millas de Monte louro na situación L-42º 44’ 123 N e l- 009º  09’ 888 W.

Quedará  para sempre como unha incógnita  porqué o Larache se afastou da súa natural derrota que o levaría ben lonxe dos baixíos, tendo abordo ademais do seu capitán ao practico de Santa Uxía o Sr.Manuel Pérez , que se supón era un bo coñecedor de esta parte da costa.

O afundimento foi tan rápido, que non tivo tempo material a súa tripulación de arriar os botes salvavidas , polo que tan só se puideron salvar 60 persoas, todas recollidas polos botes e balandros que se atopaban nas inmediacións, morrendo afogadas as 91 restantes. 

Na prensa de eses días narrábase desta maneira o suceso.

“...El buque desde que tocó en el bajo tardó solo 6 minutos en irse a pique. Tan poco tiempo fue causa de que, al tratar de salvarse cuantas personas iban abordo, se originó una espantosa confusión, arrastrando consigo a muchísimos tripulantes y pasajeros y a casi todos los botes que traía. Dicen que al sentirse el topetazo, todo el mundo se puso en movimiento, afluyendo a la cubierta del buque, donde se desarrollaron tristísimos escenas. El capitán del barco tiró su gorra al suelo en señal de desesperación.

El capitán animó a la gente hasta el ultimo momento y al ver que el buque se hundía sin dar tiempo suficiente para organizar en debida forma el salvamento de pasajeros y tripulantes, gritó  ¡sálvese quien pueda! Unos dicen que el desgraciado marino se hundió con el buque.

Afirman otros que flotó unos momentos, dejó  caer el brazo izquierdo, echó  la mano derecha a las narices tapando la respiración, y se fue al fondo.

De esto se deduce que habiendo podido salvarse, prefirió  ir al abismo, con el barco que la compañía le había confiado.

El primer maquinista, el medico y el sacerdote del vapor, saltaron al mar, antes de que el vapor se hundiera, y perecieron ahogados a los pocos momentos.

Los gritos angustiosos y ensordecedores que lanzaban niños, mujeres y hombres , aterraban a los que buscaban su salvación a nado......” 

Os superviventes que foron recollidos polas lanchas que había nos arredores foron traídos para Muros onde se lle deron os primeiros consolos e auxilios.

A xente desta vila xa estaba acostumada a recoller e auxiliar náufragos , polo tanto non collía de sorpresa a ninguén o suceso, e todos (como sempre) abriron as portas das súas casas para acoller aos necesitados.

Días despois a Compañía Transatlántica Española , mandou ao buque “Leonora” para recoller aos náufragos e levalos para os seus destinos.

Unha comisión, nomeada a tal efecto de superviventes do naufraxio enviou días despois a Muros, vía telegráfica e o nome do Axudante de Mariña o seguinte agradecemento. 

“Deseamos dé el más afectuoso saludo a los muy nobles hijos de Muros”

Tamén a Cia. Transatlántica mandou unha nota agradecendo “El excelente comportamiento en los auxilios prestados con motivo del naufragio del vapor Larache , por parte de vecinos y autoridades de tan noble y humanitaria villa".

Unha vez máis os veciños da nosa vila exerceron de “samaritanos” salvando vidas e consolando superviventes, oficio que por desgraza tiñan xa ben aprendido.

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios