O noso embaixador honorario en Bos Aires
Dona Diáspora ten un amigo nacido na pequena aldea dos Martores [Valga-Pontevedra] que desembarcou no porto de Bos Aires o 26 de marzo de 1955. Eran os tempos nos que gobernaba na Arxentina o famoso xeneral Perón que fora quen ordeara a confiscación aos alemáns ---logo da derrota do réxime nazi--- do barco no que ía camiño do sur un mociño de 14 anos. A nave chamábase “Córdoba” [unha fermosa provincia do oeste arxentino] e era propiedade da Flota Mercante del Estado Argentino.
Aquel rapaz non quería deixar a aldea. Nunca esqueceu os agarimos e bicos dos seus avós arredor da lareira familiar. Escoitara ducias de historias de familiares estradenses que vivían moi ben na nova terra do Río da Prata. Non estaba nada ilusionado porque doíalle deixar aos amigos, regatos, camelias e as festas do Casal do Eirigo e de San Antón e Santa Lucía. Cando chega ao peirao, antes de desembarcar, mira con atención aquela enorme concentración de edificios. Queda calado e non responde aos comentarios dos pasaxeiros que afirman que aquela é unha das máis grandes cidades do mundo.
No novo país axiña é un porteño máis. A súa fala soa como a de calquera nativo xa que utiliza as mesmas expresións do lunfardo que os seus compañeiros do barrio. O domingo pola tarde vai ata a cancha e os seus berros de alegría polos goles de River Plate son idénticos aos dun seareiro “millonario” de toda a vida. No seu equipo hai xogadores que son fillos da emigración galega e por tanto corresponde que explique o significado dos seus apelidos con orgullo. Se o porteiro Amadeo para un penal nun partido contra Boca pregúntalle aos dous amigos ---fillos de italianos--- que van con el: A ver... tanos ¿ustedes saben lo que es un carrizo?. Se mete un gol Reinaldo pregunta: Ustedes saben lo que es un merlo. Os dous rapaces amigos quedan convencidos de que en Galicia hai uns paxaros que son grandes voadores xa que despois de facer milleiros de quilómetros aterran na beira sur con forzas de abondo para xogar ao fútbol.
O seu esforzo lévao a ser o primeiro da familia en ter estudos universitarios. Coa carreira de dereito recén rematada ingresa como funcionario no gabinete xurídico do ministro de Benestar Social que daquela [1973] era o moi famoso Xosé López Rega [1916-1989]. O alcumado “El Brujo” foi o fundador do grupo para-policial de asesinos da Alianza Arxentina Anticomunista. Se hoxe mesmo lle preguntamos polos recordos do seu paso pola administración aínda lembra con detalle as fortes emocións dun tempo de desfeitas no que a lei era o servilismo máis inmoral. Logo e xa vacinado, comeza o seu labor exercendo a profesión no ámbito privado arxentino e tamén no seo da colectividade dentro do espazo empresarial galego. Aquí triunfou xa que os nosos emigrantes confiaban totalmente nel por ser unha persoa eficaz e seria.
1.
Dentro do mundo asociativo galego presidiu durante máis de 20 anos a asociación “Centro Cultural del Partido de La Estrada”. O seu activo cáracter e o seu dinamismo contou co apoio incondicional de Fraga Iribarne que tamén fora neno emigrante no municipio cubano de Manatí. Disque don Manuel ría moito cos contos porteños de Castelao Bragaña sobre os “pibes gayegos” que dun día para outro andaban todo o día repetindo: Che, loco...¿viste?. O presidente da Xunta foi sempre un forte empurrador e louvador da súa xestión. Os delegados dos centros españois de todo o mundo elixírono presidente do Consello Xeral da Emigración; ocupou un escaño de deputado no Parlamento de Galicia e dirixiu a Fundación Galicia Emigración.
Os que coñecen ben a Xosé Manuel Castelao Bragaña din que na súa vida pública tivo unha moi grande alegría e unha forte decepción. Os sorrisos agromaron cando foi nomeado fillo adoptivo do seu concello natal e as bágoas escorregaron ao ter que pechar unha porta na compostelá rúa do Vilar. Era a da entrada a sede da Fundación Galicia Emigración. Os máis íntimos din que despois do peche, a súa saúde desmellorou e que só sorrí feliz cando vai camiñando ata cancha de River collido da man de Dante, o seu único neto. A súa nobre traxectoria de servizo na defensa dos emigrantes merece que o presidente da Xunta o designe Embaixador ou Valedor Honorario para a emigración galega na Arxentina. Hai unha tarefa que fará moi ben e da que se encargará con ánimo e teimosía: fortalecer a unidade sentimental entre galegos e arxentinos.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .