Sábado. 04.05.2024
El tiempo
15:06
09/10/10

O Urlea

Continuamos coa proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, dende Fisterra, Xusto Gómez cóntanos unha nova historia salgada.

O Urlea

Era o día 28 de marzo do 1984. Como tódalas noites que non tiña garda, el deixaba a roupa de faena encartada xunto a cama por se había unha chamada de socorro. Xa prendera no sono cando sentíu o inconfundible son do teléfono. Erguéuse e, avalanzouse sobre o mesmo. O seu interlocutor comentoulle que habían recibido un S.O.S. dun barco que se estaba indo a pique cerca da "Muniz". Deulle ao interruptor pero non había luz, vestiuse sabedor de onde tiña a roupa de faena, e saío correndo pra base de salvamento. A noite era moi oscura, con forte vento do suroeste e chovía con forza. Ao chegar a base o compañeiro que estaba nela entregoulle o parte da incidencia onde ía escrito tanto o nome como as coordenadas e todo referente ao aviso. Tamén comunicoulle que xa estaban todos avisados e que cando viñera un, foran pra lancha de salvamento e a puxeran en marcha pra axilizar a saída cara o lugar do sinistro. Ollou a folla fixándose no nome do barco. Era o Urlea, que por mor dun forte golpe de mar, a altura da "Muniz", sufríu un corrimento da carga, producindolle unha escora moi pronunciada e que ían proceder ao abandono do buque, ¿pero ese non era?, pensou, xa mirareí. Mentres outro membro do equipo de rescate chegaba, abandonando ambos os dous a base para preparar a lancha, ao non haber luz e ser unha noite cerrada con forte vento e choiva, os dous membros tiñan que ir collidos das mans por medo a que se desviaran e caeran ao mar. Chegaron a rambla e colleron unha das gamelas que aló estaban amarradas, púxose un a cada remo e bogaron forte pra chegar a lancha de salvamento que distaba uns vinte metros de terra. Atracaron nesta e, abriron a ponte de mando, activaron as baterias e abriron os grifos de fondo, arrancando os dous motores e acenderon tódolos equipos electrónicos. Tamén se acendeu un dos reflectores enfocándolles o camiño aos demais membros da tripulación que viñan a toda présa. Saíron a buscalos e logo de embarcalos, vestiron os equipos de supervivencia e púxose en contacto ca base comunicándolles esta que o abandono do buque xa se produxera e un mercante que estaba cerca do lugar o Loredo, estaba chegando a xunto onde se atopaba a balsa salvavidas. A lancha xa se atopaba cerca do cabo de Fisterra. O mar era unha blancura, esta ía a toda máquina e por mor das ondas tocaba coas antenas no mar..subía e ... o baixar, metía a proa, chocando as rutías cos cristales da ponte, ás veces os limpias paraban por mor dos impactos. O Loredo comunicou que xa avistara a balsa e que lle estaban a facer abrigo a espera de que chegara a lancha de salvamento. Este díxolle que estarían a unhas 7 millas pero que debido ao temporal que ía arreciando tiñan que abrirse moito do cabo Fisterra pra despois facer un xiro de 180º. Debido a esto, terían que botarlle o costado ás fortes ondas durante un tempo que, o patrón da lancha quería fora o menor posible, xa que, podía facerlle moito daño a lancha. Xa estaban bastante abaixo cando o patrón dicía que lle comunicara ao Loredo que os rescataran eles, que nos non eramos capaces.... el insistíalle que fixera o posible, que os tiñamos aí, pero... non era seguro. E xa que, estaba aló que os collera o mercante. Comunicouse co mercante dicíndolles que procederan eles co rescate, respostándolles este que como ían facer, que era dificil. El díxolle que se puxeran a sotavento da balsa salvavidas, e que se viñera ganando a barlovento, ao chegar a altura da balsa que lles mandaran tres ou catro cabos, que algún deles collerían e despois facerlle abrigo co barco e acercar a balsa, ademáis quedaba a lancha en "standby" ata que os rescataran, que si non, arriscarianse. Mentres a lancha estaba "capeando", mantíñanse as comunicacións, tanto ca base, ca costeira, como co Loredo. Ao cabo dun tempo, este último dixo que acababan de rescatar aos tripulantes, pero que estes lles dixeran que cando se producíu o abandono do buque, o segundo maquinista Jerónimo Berlés Boronat, non foi quen de chegar a balsa e dándoo por desaparecido. O seu corpo foi atopado dias despois no coido de Touriñán. Os tripulantes serían levados polo Loredo, ata Leixoes, onde serían desembarcados, sendo por esta acción de salvamento condecorados ca medalla de plata da S.E.S.N. O barco afundido Urlea, fóra o que na madrugada do 17 de xaneiro do 1977, cando entraba no porto de Barcelona, atopouse con unha lancha de desembarco, a LCM 6, que saía dun lado do muelle e levaba uns 140 marines dos barcos Trento e Guam, de regreso a seus barcos e ao tratar de esquivalo, os soldados arrimaronse a unha banda, e ao levatarse ésta, foi arrastrada polo costado do Urlea, dando volta e afundíndose. Neste tráxico episodio morreron 48 marines e 1 desaparecido.

Máis información

A cara máis íntima do Naufraxio

Comentarios